Francia será o país convidado no Xantar deste ano que se celebrará do 2 ao 6 de febreiro
 
Despois de México, Portugal e Arxentiña agora tócalle o turno a Francia, que será o país convidado da XII edición do Xantar, o Salón de Gastronomía e Turismo que se celebrará na Expourense entre os días 2 e 6 do mes de febreiro próximo. Francia estará representada pola cidade de Quimper, irmandada na actualidade coa de Ourense
 
13 de XANEIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

Francia será o país convidado na 12ª edición de Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, que terá lugar en Expourense entre o 2 e o 6 de febreiro de 2011, segundo ven de adiantar a propia organización do Salón. O país galo estará representado pola cidade de Quimper, ubicada na Bretaña francesa e irmandada coa de Ourense dende 2005. A participación deste país en Xantar conta co apoio do propio Concello de Ourense, e materializarase grazas aos convenios de colaboración entre as dúas escolas de hostalería: o IES de Vilamarín (Ourense) e o Lycée Professionnel Jean Chaptal de Quimper.

Destaca Expurense que Francia, a través de Quimper, participará en tódalas accións previstas para esta décimo segunda edición de Xantar promocionando a súa gastronomía, turismo e produtos agroalimentarios. Así, este país terá a súa propia área de restauración na feira na que se poderá degustar un menú no que destacará a principal protagonista da súa cociña, a crêpe, ademais dos seus peixes, mariscos, queixos e viños.
Dentro do programa de actividades previsto para a esta edición do Salón da Gastronomía e Turismo, Francia ofrecerá unha cata de viños comentada e, dentro dos obradoiros previstos, impartirase un sobre a cociña da Bretaña Francesa.

Despois de ter contado en edicións anteriores con México, Portugal e A Arxentina, como países convidados, a elección de Francia, e en concreto de Quimper, “resposta ao feito de que esta cidade está irmandada con Ourense e a que a súa gastronomía está integrada na Dieta Atlántica, da que Xantar leva anos promocionando os seus beneficios para a saúde”, sinalan os organizdores do Xantar.
Outros dos aspectos que relacionan a esta cidade con Galicia é que a rexión á que pertenece Quimper está ubicada no denominado “Finisterre” francés.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google