O Concello de Ourense reedita a “Semana da mel”, pola que pasarán máis de 500 alumnos da cidade
 
Un total de 505 alumnos de 10 centros desta cidade participarán noutra edición da “Semana da mel” que organiza a Concellería de Educación do Concello de Ourense, e que se prolongará ata o día 31 deste mes. A actividade comeza este xoves coa participación de 41 alumnos de primaria do colexio de A Ponte, e desenvolverase na Aula da Natureza do río Miño, en Oira.
13 de XANEIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Educación do Concello de Ourense coa colaboración da Asociación Galega de Apicultores organiza a actividade “Semana da mel”, dirixida a escolares dos centros educativos da cidade, que terá lugar na Aula da Natureza do río Miño, en Oira.
Un total de 41 alumnos de Primaria do colexio A Ponte participarán este xoves, de 10:15 a 13:00 Hs., nesta actividade, que consiste básicamente nun ciclo de charlas impartidas por un apicultor profesional, xunto con traballos e actividades en grupo, onde os participantes coñecerán a importancia das abellas no mundo e familizaranse coa apicultura tradicional

A actividade desenvolverase ata o día 31 de xaneiro e contará coa participación dun total de 505 alumnos de 10 centros educativos da cidade.
Os escolares coñecerán a colmena, aprenderán a recoñecer as abellas, como se reproducen e que actividades realizan, e como se desenvolve unha comunidade onde se traballa sen descanso, cuxo único obxectivo é traballar en conxunto pola perpetuidade da especie, ademáis de coñecer os produtos cos que nos obsequian as abellas e as propiedades tanto nutricionais como terapéuticas do mel.
As charlas constan de tres partes: Introdución á apicultura, Transformación de produtos e subprodutos do mel e unha terceira consistente no obradoiro: Crear a propia vela.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Fotografía : JOSÉ CERDEIRA   
   
  Ana Garrido, concelleira de Educación  
     
     
 
 
     
 
 
 
   
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google