Educación da Xunta está investir máis de 62.000 euros en melloras en dous centros da provincia
 
Máis de 62 euros importan as obras que a Consellería de Educación da Xunta de Galicia está a levar a cabo en dous centros educativos da provincia de Ourense, o CEIP Joaquina Gallego Jorreto, no Concello da Merca, e o CEIP San Marcos, no de Cartelle. O conselleiro Vázquez Abad visitou este mércores as obras que se están agora mesmo en marcha
 
13 de XANEIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, revisou este mércores as melloras que o seu departamento está a realizar en centros educativos da provincia de Ourense co fin de garantir a seguridade e o benestar de toda a comunidade escolar.
Así, Vázquez Abad visitou o CEIP Joaquina Gallego Jorreto, no Concello da Merca, e o CEIP San Marcos, no de Cartelle, ambos nesta provincia. Durante o percorrido por ambos os colexios o conselleiro estivo acompañado polo delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, pola xefa territorial de Educación na provincia, Marisol Díaz, e polos equipos directivos dos respectivos centros.

No CEIP Joaquina Gallego Jorreto, o conselleiro de Educación comprobou as obras de mellora, entre elas as de substitucións de canalóns, que se realizaron no 2010 neste centro. Aquí lembrou Vázquez Abad que “grazas a esta inversión en 2010 de case 18.000 euros, as 67 alumnas e alumnos deste colexio teñen agora unhas instalacións mellor preparadas para afrontar o curso escolar”, sinalou o conselleiro.
Así mesmo, no CEIP San Marcos de Cartelle Xesús Vázquez Abad visitou o ximnasio, que foi recentemente renovado pola Consellería e que dá servizo aos 38 estudantes do colexio. En total, as melloras deste espazo, xunto con diversos traballos de urbanización no centro e o seu recinto, ascenderon en 2010 a 44.500 euros.

En ambos os dous casos o conselleiro de Educación lembrou o esforzo que a Xunta de Galicia está a facer para manter os centros de ensino galegos nas mellores condicións, “velando pola seguridade e benestar de toda a comunidade educativa malia á crise económica que afecta a todos os sectores da sociedade”, dixo Xesús Vázquez.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
 
 
HACE HOY UN AÑO 13, MIÉRCOLES
 
Trabajadores de Vidriera piden al Mercantil que evite el “fraude de Ley” de BA Vidro
El PSOE critica la “instrumentalización” que hace la campaña del PP de las instituciones
Rematan las primarias a la presidencia del PP este miércoles, y los candidatos seguirán vivos
Madrid dice que es Santiago quien paraliza los Planes de Regadíos de A Limia
El PP pide a Fomento que explique por qué en Vigo y Logroño si y en Ourense no
 

 

Añade OuD a tu Google