Comeza un seminario gratuíto sobre control de xestión comercial e orientación ao cliente
 
O Concello de Ourense anuncia a celebración en colaboración coa CEO, dun seminario sobre Control de xestión comercial e orientación ao cliente. Está dirixido a empresarios e persoal de pequenas e medianas empresas, é gratuíto, consta de 16 horas de formación presencial máis titorías, e forma parte dun ciclo de 5 seminarios que o Concello e a Escola de Organización Industrial organizarán na cidade durante este ano
12 de XANEIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Economía, Facenda, Promoción Económica e Emprego e a Escola de Organización Industrial, e coa colaboración da CEO, organiza un seminario sobre Control de xestión comercial e orientación ao cliente dirixido a empresarios e persoal de pequenas e medianas empresas que desexen coñecer e aplicar nos seus negocios novas ferramentas de xestión comercial.
O seminario “ten como obxectivo formar a empresarios e traballadores de pequenas e medianas empresas en relación coas diversas formas de planificación e control de mercadotecnia e vendas, que permitan aproveitar oportunidades de desenvolvemento e mellora nas súas empresas”, sinala o departamento de Agustín Fernández, concelleiro de Economía, Facenda, Promoción Económica e Emprego.

O curso consta de 16 horas de formación presencial máis titorías. As sesións lectivas serán os días 21, 22, 28 e 29 de xaneiro, na Confederación Empresarial de Ourense, na Praza das Damas, 1.
Esta iniciativa forma parte dun ciclo de 5 seminarios que o Concello e a Escola de Organización Industrial organizarán na cidade durante este ano, dirixidos a empresarios e persoal de pequenas e medianas empresas que queiran incorporar melloras á súa empresa para adaptala ás novas necesidades de mercado e actualizar os seus coñecementos de xestión empresarial.

Tódolos interesados poden inscribirse no Centro de Iniciativas Empresariais do Concello de Ourense, na rúa Padre Feijoo, 1ª. A matrícula é gratuita e o curso está cofinanciado polo Fondo Social Europeo, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e o Concello de Ourense

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google