Medio Ambiente do Concello de Ourense pechou 2010 con actuacións en 34 parques e zonas verdes da cidade
 
Un total de 34 parques e zonas verdes da cidade foron obxecto de proxectos de remodelación ao longo do ano 2010 pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense. Así consta na memoría que ven de facer pública o departamento de Demetrio Espinosa. As intervencións permitiron renovar máis de 75.000 metros cadrados de espazos públicos, con novos parques para a cidade, a renovación de numerosas zonas de xogos infantís e o acondicionamento de áreas con xogos biosaudables nos barrios e no entorno rural.
12 de XANEIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

Un total de 34 parques e zonas verdes da cidade foron obxecto de proxectos de remodelación e mellora ao longo do ano 2010 pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense, segundo asegura a memoria anual do departamento que dirixe o concelleiro Demetrio Espinosa feita pública este martes.
A memoria anual desta área municipal detalla as diferentes intervencións realizadas no termo municipal, que supuxeron a posta en valor dun total de 75.439 metros cadrados de superficie de parques e xardíns ao servizo dos veciños.  As actuacións realizadas con fondos municipais máis o apoio do Plan E deron continuidade ás 3 liñas básicas de actuación da Concellería de Medio Ambiente durante os 3 últimos anos: crear novas zonas verdes ó servicio dos veciños, adecuar os espacios xa existentes, e a recuperación dos parques caracterizados por un maior grao de uso público.

Segundo o departamento de Tito Espinosa, as actuacións realizadas durante o ano 2010 permitiron crear novos espacios públicos como o Parque da rúa Avilés de Taramancos, Parque de Portovello e Parque da Canle, entre outros, dotar á cidade do seu primeiro parque canino, nas proximidades do colexio Salesianos, mellorar parques xa existentes como o das Zapatillas ou Praza da Lexión, crear novas zonas de xogos infantís, en localidades como Seixalbo, renovar zonas infantís en Cruceiro Quebrado, Tras estación de autobuses ou Taboada Chivite, e acondicionar áreas con xogos biosaudables para os adultos, en zonas como a Rúa do Vinteún, Vilar de Astrés, Rairo ou Cardenao, entre outras.

Así mesmo, sinálase que o Departamento de Parques e Xardíns do Concello de Ourense atendeu un total de 156 avisos, peticións ou queixas recibidas ó longo do ano 2010.
Un total de 89 chegaron a través da Oficina de Atención ó Cidadán, nun número que oscila entre as 28 recibidas na suma dos meses de abril e maio e as 2 recibidas na suma dos dous últimos meses (novembro e decembro). O descenso foi progresivo ó longo do ano, correspondendo o pico ós meses de abril e maio a causa principalmente de solicitudes de poda ou avisos de árbores caídas por mor dos temporais.
A Concellería atendeu tamén en 2010 un total de 41 avisos comunicados dende a Policía Local e outros 26 procedentes do Rexistro Xeral do Concello.

Así mesmo, no tocante á xestión das zonas verdes da cidade, recórdase que esta Concellería asume directamente o mantemento das ubicadas en 2 distritos da cidade, mentras que 2 empresas concesionarias seleccionadas mediante procedemento aberto de contratación se encargan do mantemento dos outros 3 distritos (CESPA do distrito da Ponte e Acciona dos distritos Couto-Carballeira e A Cuña-Casco Vello).
Para a xestión das zonas verdes, o Concello conta con 36 profesionais, entre os destinados a Viveiro (5), parques e xardíns (31) e Oficina (3). Ten tamén como funcións a supervisión e control do servizo, a atención ó cidadán, a elaboración de informes, o deseño e dirección de obras de novos espazos verdes, a realización de informes e recepción das zonas novas, así como a xestión e funcionamento do Viveiro Municipal e a Planta de Compostaxe.

21 actuacións realizadas con fondos do Concello

- Pradeira de Salesianos: trasmoche de árbores, pechamento e acondicionamento de zona agility e de paseos, cunha superficie total de 3.662 metros cadrados

- Cruceiro Quebrado: Rehabilitación de zona de xogos infantís (818 m2)

- AA VV Seixalbo: Creación de nova zona de xogos infantís e zona merendeiro (2.960 m2)

- Alfonso X O Sabio: Remodelación e axardinamento (1.629 m2)

- Praza 200: Creación de trama verde e humanización (2.122 m2)

- Parque de Portovello: Creación de novo parque (12.233 m2)

- Tras estación de autobuses: Remodelación de zonas de xogos e arranxo de muro (691 m2)

- AA VV Palmés: Remodelación e creación de zona de xogos (433 m2)

- Praza Taboada Chivite: Adaptación de zona de xogos a nenos de 2 a 6 anos (422 m2)

- Poeta Manuel Antonio: Colocación de pavimento de caucho (216 m2)

- Parque das Zapatillas: Remodelación e adaptación de pavimentos (740 m2)

- Rúa Pablo Iglesias e Praza Daniel González: Mellora e instalación de escaleira (30 m2)

- Paseo Roxo: Instalación de xogos biosaudables

- Cabeanca: Rehabilitación do parque, con instalación de xogos infantís, biosaudables e axardinamento (864 m2)

- Rúa do Vinteún: Instalación de xogos biosaudables (345 m2)

- Vilar de Astres: Instalación de xogos biosaudables (360 m2)

- Abelaira: Instalación de xogo biosaudable e areeiro: (35 m2)

- Cardenao: Instalación de xogos biosaudables (401 m2)

- Reza: Remodelación de zona lavadeiro e colocación de xogos (330 m2)

- Rairo: Instalación de xogos biosaudables e xogos infantís (318 m2)

- Parque da Canle: Construcción de novo parque (4.200 m2)

14 obras realizadas con fondos do Plan E

- Avilés de Taramancos: creación de novo parque (6.830 m2)

- Remodelación da Praza da Lexión (2.000 m2)

- Remodelación da Praza Xesús Pousa (1.500 m2)

- Remodelación da Praza Daniel González (1.000 m2)

- Remodelación da Praza de Santa Teresita (700 m2)

- Remodelación do parque infantil e Praza Ferro Couselo (1.200 m2)

- Restauración do Parque da Alameda de Covadonga (2.500 m2)

- Mellora do entorno na Praza das Camelias (500 m2)

- Mellora do Parque Miño (15.000 m2)

- Mellora ambiental na rúa Gregorio Fernández (1.400 m2)

- Adecuación de novo espacio público en rúa Alvarez de Sotomaior (900 m2)

- Creación de dúas novas zonas verdes nas marxes do Regato dos Muiños e río Barbaña (1.100 m2)

- Reforma da Praza na rúa Os Barrocás (3.000 m2)

- Novos espacios públicos no barrio da Cuña: Praza Recanto da Rosa e Avenida da Universidade (5.000 m2)

As obras supoñen un total de 75.439 metros cadrados postos en valor ó servicio dos veciños nas que interviu directamente a Área de Parques e Xardíns do Concello, e financiadas con fondos propios da Concellería de Medio Ambiente ou ben coa colaboración coa Concellería de Participación Cidadá (a través dos Orzamentos Participativos), máis as realizadas cos fondos do Plan E.
A maiores destas actuacións, xa rematadas, o Concello iniciou tamén no ano 2010 as obras, actualmente en fase de execución, do Botánico de Montealegre, cun ámbito de actuación de 150.000 metros cadrados.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Fotografía : JOSÉ CERDEIRA   
   
  Demetrio Espinosa, concelleiro de Medio Ambiente  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
 
 
HACE HOY UN AÑO 12, MARTES
 
La Confederación Hidrográfica propone una sanción de 450.000 euros a San Cibrao das Viñas
El Gobierno municipal considera que en 2009 el bipartito se ha consolidado en el Concello de Ourense
Rodríguez dice que el PP está “desnortado” en el Concello por el congreso del partido
La nieve y el hielo impidieron a 861 escolares ourensanos la vuelta al cole este 11 de enero
XV Congreso del PP: trabajando el voto de la capital y las 9 principales villas
 

 

Añade OuD a tu Google