“Rebulir” de Ramirás recupera tamén este ano os Cantos de Reis na tarde-noite deste mércores
 
 


Cedo chegarán este mércores os Magos de Oriente a Vilavidal, Ramirás. E departirán cos cativos destos lugares ata eso das oito e media de noite. “Rebulir” recupera outro ano a tradición de Cantar os Reis, despois do éxito que supuso o intento do ano pasado
 
 
 
4 de XANEIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

A recuperación dos Cantos de Reis é o máis novedoso e peculiar da recepción que a Asociación “Rebulir” de Ramirás lle fará ás súas Maxestades os Magos de Oriente a tarde deste mércores, día 5 de xaneiro.
A comitiva das Súas Maxestades sairá da Praza de San Andrés de Vilavidal a eso das tres e media da tarde, para visitar ás catro o Centro Xeriátrico de O Mosteiro e chegar ás cinco e media ao Centro Sociocultural de O Picouto. Dende as cinco da tarde xa haberá neste local animación infantil para recibir logo a Melchor, Gaspar e Baltasar.

Os Reis Magos dirixiranse aos máis cativos de Ramirás e a súa contorna e escoitarán tamén as súas peticións para a que será a noite máis longa do ano para eles.
Aquí permanecerán Melchor, Gaspar e Baltasar ata eso das oito e media da noite, departindo cos máis pequenos.

Aínda coas Súas Maxestades departindo cos rapaces no Local Social de O Picouto, comezarán ás seis e media da tarde os Cantos de Reis por diferentes pobos da contorna de Ramirás.
Segundo o resposable de “Rebulir”, Alexandre Soteliño Losada, a iniciativa repítese este ano despois do éxito do ano pasado. Trátase dunha tradición da noite do 5 de xaneiro, cando pequenas comitivas de pequenos e non tan pequenos recorrían as vivendas dos veciños cantándolle os reis, ao que a tradición mandaba agasallalos co seu correspondente aguinaldo. Nuns casos é diñeiro, e noutros os que van cantando os Reis son convidados a viño e a un pedazo da tradicional tamén Rosca de Reis.

 

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google