Comeza unha actividade que achega dun xeito lúdico o Casco Vello de Ourense ao nenos da cidade
 
Coñecer como era e como se vivía na cidade medieval. Este é un dos obxectivos da actividade “A cidade medieval de Ourense” que promove a Concellería de Educación do Concello desta cidade, e que se pon en marcha este luns. Un total de 444 alumnos de 7 centros educativos esta previsto que tomen parte nela
 
 
 
 
17 de ENERO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Educación do Concello de Ourense organiza dende este luns, 17 de xaneiro, a actividade “A cidade medieval de Ourense”, dirixida a estudiantes de 2º e 4º de ESO.
Sesenta alumnos dos centros María Auxiliadora e Divino Mestre participarán na primeira sesión desta actividade, que comezará ás 16:30 horas deste luns, na Praza de San Marcial, e continuará en días sucesivos contando coa participación dun total de 444 alumnos de 7 centros educativos ao rematar esta actividade.

Actividade que, segundo informa a Concellería de Educación que dirixe a socialista Ana Garrido, “emprega unha metodoloxía activa coa que se persigue que o alumno sexa o protagonista da experiencia, buscando información, manipulando materiais, e realizando moi diversas actividades”.
A visita comeza coa recepción ós alumnos, unha contextualización histórica sobre a Idade Media na cidade e as fontes históricas que serven para investigala, e un percorrido guiado polo Casco Vello, no que os alumnos coñecerán como era e como se vivía na cidade medieval, constatarán a permanencia de trazas e nomes medievais, e participarán en diferentes actividades de investigación e dramatización de situacións históricas.

Representacións teatrais en lingua francesa para máis de 1.000 alumnos e profesores

Tamén este luns, día 17, comeza a actividade “Teatro e Cine na Escola”, que promove a Concellería de Educación do Concello de Ourense. Prolongarase ata o día 18, e consiste nun ciclo de representacións teatrais didácticas en francés para alumnos de
2º de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos. A obra que se representará será “Les Femmes Savantes”, adaptación da obra de Moliére.

Está previsto que a esta obra asistan un total de 1.080 persoas entre alumnos e profesores de 22 centros de ensino de Ourense.
Esta actividade, que se organiza por terceiro ano consecutivo, ten como obxectivos utilizar o teatro como ferramenta lúdica e pedagóxica que estimule ós alumnos na aprendizaxe da lingua francesa e fomentar o gusto por asistir a representacións teatrais.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
 
 
HACE HOY UN AÑO 16, SÁBADO
 
Fiscalía desmiente a La Región y al Gobierno de Ourense para evitar, dice, la “alarma social”
Jiménez no se fía y pide la apertura total del Congreso del PP de Ourense a los periodistas
Baltar Pumar reveló que en la capital ourensana hubo “traicións” y “traidores” a su hijo
El Concello de Ourense anuncia tres nuevos centros sociales en A Ponte, O Pino y Ceboliño
Hallados en un basurero ocho cráneos, siete de cabra montesa y uno de muflón
 

 

Añade OuD a tu Google