Camba anota no debe do Goberno Central do 2010 non ter regulado o voto no exterior
 
“Por desgraza, 2010 vai pasar á memoria coma o ano en que o Goberno Central demostrou a súa falta de sensibilidade cara os emigrantes e inmigrantes”. É unha dos conclusións do secretario Xeral de Emigración da Xunta de Galicia no balance deste 2010 a piques de rematar. Camba pide maior coordinación entre as administracións para atender as necesidades das xentes no exterior, e reporcha ao Executivo central que non se teña regularizada a situación dos fillos e netos de emgirantes, nin regulado o voto no exterior
27 de DICIEMBRE de 2010: OURENSE DIXITAL

No balance xeral do ano 2010 que está a piques de rematar, o secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Santiago Camba, ven de lembrar a necesidade dunha maior coordinación entre administracións para satisfacer as necesidades –cada vez máis urxentes, cada vez máis precarias- do colectivo de emigrantes galegos na diáspora. “Por desgraza, 2010 vai pasar á memoria coma o ano en que o Goberno Central demostrou a súa falta de sensibilidade cara os emigrantes e inmigrantes”, sostén Camba.

Neste senso, o secretario xeral da Emigración contrapuxo o esforzo orzamentario que está a realizar a Xunta, en plena época de crise, coa actitude de recorte económico nesta materia posta en marcha polo Executivo central. “As contas da Xunta reflicten un mantemento dos programas e contías de tódolos eixos en materia de protección e prestacións sociais, fronte a unha clara redución das axudas a colectivos desfavorecidos que podemos ver tódolos días” nas decisións adoptadas polo Goberno con sede en Madrid.

Camba engade asemade que “o 2010 serviu para poñer de novo sobre a mesa algúns incumprimentos graves do Goberno Central en materia de Emigración, tales como a falta de regularización dos fillos e netos de galegos, especialmente en Iberoamérica, ou a falta de transparencia nos datos e censos de galegos e españois no exterior. Semella que o Goberno central non ten interese ningún en que as Comunidades Autónomas fagamos o noso traballo, desenvolvamos as nosas competencias neste eido”.

Coa crise, menos inmigración

O secretario xeral da Emigración desexa “achegar a tódolos galegos, tamén aos que non están na Galicia territorial, o desexo da Xunta dun ano ventureiro. E quixera facelo especialmente a aqueles que son de aquí e arestora non están aquí, pero tamén aos que non son de aquí e residen entre nós, porque xa forman parte de nós, xa son tecido para fornecer Galicia”.

O INE cifra en algo máis de 100.000 as persoas inmigrantes que residen en Galicia, aínda que esa cifra aproximada non supón sequera o 5% da poboación total da Galicia territorial. O titular da Emigración da Xunta afirma que “sí estamos a notar que, coa crise, o incremento no número de inmigrantes comeza a diminuír por primeira vez nos últimos anos”.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Santiago Camba, secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google