A Secretaria Xeral de Emigración da Xunta pasa a facerse cargo da Fundación Galicia Emigración
 
A Secretaría Xeral de Emigración pasa a facerse cargo das competencias e tarefas da Fundación Galicia Emigración, que desaparece por “a imposibilidade da realización dos fins fundacionais por insuficiencia de medios materiais”. Así o explica a Xunta de Galicia e o reflicte a correspondente publicación que acaba de parecer no DOG
4 de DICIEMBRE de 2010: OURENSE DIXITAL

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a orde pola que se ratifica o acordo de extinción da Fundación Galicia Emigración, e tamén se dispón a inscrición desta extinción no Rexistro de Fundacións de Interese Galego. A Fundación foi constituída en abril de 2002, e declarada de Interese Galgo un mes máis tarde, adscribíndose o seu protectorado á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Entre as finalidades da entidade, recollidas nos seus estatutos, constan “a promoción, incentivo e execución das acción orientadas a potenciar e difundir a galeguidade en calquera parte do mundo, en especial onde estean radicadas comunidades galegas, así como a realización de accións tendentes a apoiar aos galegos e aos seus descendentes que residan fóra da Comunidade Autónoma”.

Sen embargo, e segundo reflicte a solicitude de extinción do 18 de outubro de 2010 asinada polo órgano de goberno da Fundación que acabou orixinando esta disposición, “a imposibilidade da realización dos fins fundacionais por insuficiencia de medios materiais” aconsella a súa extinción. Na mesma solicitude, delégase a execución material das operacións de liquidación na Secretaría Xeral da Emigración.
A disposición está asinada polo conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, quen establece que sexan transmitidos “os bens e dereitos resultantes da liquidación, á Secretaría Xeral da Emigración, órgano adscrito á Presidencia da Xunta de Galicia, coa excepción do inmoble que constitúe o domicilio social da Fundación, que pasará ao patrimonio da Comunidade Autónoma”.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 

 

Añade OuD a tu Google