Emigración da Xunta de Galicia incrementa o número de axudas individuais aos emigrantes galegos
 
Pese ás restriccións orzamentarias, as axudas de Emigración da Xunta de Galicia siguen a subir. Neste 2010 foron 1.000 máis que no 2008 e 2.000 máis que no 2007. Foron máis as solicitudes porque tamén son máis as necesidades da comunidade galega en iberoamérica, especialmente a cubana que acapara o 80% das solicitudes
15 de NOVIEMBRE de 2010: OURENSE DIXITAL

A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia incrementa o número de axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior con respecto aos anos previos á crise económica. Así, este ano, a Administración autonómica concedeu 7.028 prestacións a emigrantes en situación de dificultade, fronte ás 5.046 otorgadas en 2007 e as 6.249 do ano 2008.
Segundo o departamento de Santiago Camba, “este incremento está relacionado cun aumento do número de solicitudes rexistrado no mesmo período como consecuencia das situacións de dificultade económica que están a pasar a meirande parte dos países iberoamericanos, sendo en particular as capas máis desfavorecidas das comunidades emigrantes galegas as que máis sofren”.
Neste aspecto sublíñase a situación dos galegos de Cuba, país con severas dificultades, no que se presentaron o 80% das solicitudes deste programa, engade a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia.

As partidas destinadas polo Goberno autonómico para esta fin nas últimas convocatorias oscilaron entre o mantemento e os leves incrementos, a pesar das restricións orzamentarias da Administración autonómica impostas pola crise.
As axudas económicas individuais directas de carácter social están dirixidas aos emigrantes de nacionalidade española e de orixen galega, residentes no extranxeiro que se atopen en situación de precariedade económica, e pretenden cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria. Son beneficiarios da axuda os emigrantes galegos residentes no exterior e os seus descendentes que posúan a condición de galego segundo o establecido no Estatuto de autonomía de Galicia.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Santiago Camba, secretario Xeral de Emigración  
     
  Noticias Relacionadas  
  Chegan a Santiago este luns 135 emigrantes de dous programas da Xunta de Galicia  
  Santiago Camba: “cada emigrante galego representa a mellor embaixada de Galicia no extranxeiro”  
     
     
 
 
     
 
 
 
   

 

Añade OuD a tu Google