Presentado en Buenos Aires o programa “Reencontros na Terra” que traerá a Galicia a 118 persoas
 
Un total de 118 persoas viaxarán este ano desde Arxentina para unha estadía en residencias de O Carballiño e Pantón. O secretario Xeral de Emigración presentou en Buenos Aires o programa “Reencontros na Terra”
11 de OCTUBRE de 2010: OURENSE DIXITAL

O Secretario Xeral da Emigración, Santiago Camba Bouzas, presentou en Buenos Aires o programa de viaxes “Reencontros na terra” e reuniuse cos beneficiarios deste ano.
A presentación levouse a cabo no Centro Galicia de Buenos Aires e nela tivo ocasión de saudar ás 118 persoas que nos vindeiros meses participarán neste programa da Administración galega. No acto estivo acompañado polo Delegado da Xunta de Galicia en Arxentina, Alejandro López Dobarro, pola coordinadora da área de cidadanía galega da Delegación e a médica que acompañará aos grupos na viaxe.

O programa “Reencontros na Terra”, organizado pola Secretaría Xeral da Emigración e desenvolvido coa colaboración da Secretaría Xeral de Familia e Benestar, ten por finalidade favorecer o achegamento a Galicia dos emigrantes galegos de máis de 60 anos de idade que nos últimos 15 anos naturais non participaran en programas de viaxe desta secretaría xeral.
Trátase de que os participantes redescubran as súas raíces, tanto no referente á súa familia como nas perspectivas cultural, social, gastronómico, folclórico..., poñéndose en contacto coa realidade actual do seu país de orixe e propiciando actividades que posibiliten o coñecemento da Galicia actual. As actividades están deseñadas para que existan momentos de encontro coas súas familias e de intercambio de experiencias co resto dos participantes.

En total participan nas dúas quendas desta edición 190 persoas procedentes de Arxentina, Brasil, Cuba e Uruguai.
Son 125 emigrantes galegos que, xunto con 65 cónxuxes totalizan as 190 persoas, que gozarán dunha estadía de 15 días nas residencias de tempo libre do Carballiño e Panxón, con actividades recreativas, culturais e de lecer. Dentro das actividades programadas tamén realizarán visitas a Santiago de Compostela e outras cidades de Galicia.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Santiago Camba, director Xeral de Emigración da Xunta de Galicia  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   
   
   
   

 

Añade OuD a tu Google