Emigración quere vincular aos emigrantes galegos con Galicia a través da Rede
 
Cos emigrantes en Suiza, Emigración da Xunta de Galicia ven de poñer en marcha un programa formativo de “Redes Socias na web e técnicas de hadware” para emigrantes galegos. Participan 50 emigrantes radicados en Zurich
27 de SEPTIEMBRE de 2010: OURENSE DIXITAL

Emigración puxo en marcha o Programa Formativo de “Redes Sociais na web e técnicas de Hardware”, dirixido aos emigrantes galegos residentes en Suíza, que ten como un dos obxectivos fundamentais a promoción dos colectivos vinculados aos movementos migratorios e proporcionar “unha capacitación que potencie a vinculación dos emigrantes galegos con Galicia e favoreza a súa inserción laboral e promoción profesional”, sinala o departamento que dirixe Santiago Camba.
Neste programa participarán 50 emigrantes galegos e os seus descendentes ata segundo grado de consanguinidade, residentes en Suíza, maiores de 18 anos e con nacionalidade española.

O Programa desenvolverase entre o 25 de setembro e o 13 de novembro, en horario de fin de semana.
A duración será de 100 leccións de 45 minutos cada unha, e tratarán, entre outros temas, a navegación en Internet, a utilización da comunicación virtual a través da rede, software de comunicación: Facebook, Skype, Badoo, Messenger, Myspace e outros.; páxinas de Internet, blogs, foros: cal seleccionar e porqué; coñecementos básicos de matemáticas e sistemas de contabilidade.; funcionamento das partes dun ordenador; partes internas dun PC; procesadores; inteligencia dos Pcs: arquitectura e memoria; sistema de memoria; sistema Operativo e introdución nas redes.

Comeza este luns un curso de informática básica para emigrantes e inmigrantes con discapacidade

Cunha duración de 80 horas lectivas, Emigración pon en marcha este luns, día 27 de setembro, o Curso de Informática básica co obxectivo de “proporcionar unha capacitación prelaboral que favoreza a inserción laboral e a promoción profesional”, sinala o departamento que dirixe Santiago Camba.
A finalidade deste Programa é proporcionar unha capacitación prelaboral que favoreza a inserción laboral e a promoción profesional dos emigrantes retornados e inmigrantes residentes en Galicia, preferentemente con discapacidade, a través do desenvolvemento deste programa formativo para que o alumno aprenda o manexo das ferramentas básicas do ordenador e doutros programas de xestión.

Este Programa desenvolverase en Santiago de Compostela do 27 de setembro ao 26 de outubro, cunha duración de 80 horas lectivas, distribuídas en 48 horas de práctica, 28 horas de coñecementos profesionais e 4 horas de avaliación, durante 4 horas diarias de luns a venres.
Esta acción formativa é gratuíta, e os alumnos seleccionados recibirán una axuda económica de seis euros diarios por día de asistencia, en concepto de axuda por desprazamentos e incentivos á asistencia.

Entre os contidos a tratar, atopamos, entre outros, Windows XP, Internet, Word 2007 e técnicas de busca de emprego.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Santiago Camba, director Xeral de Emigración  
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   

 

Añade OuD a tu Google