Buenos Aires acolle o I Curso de formación “Retorno a Galicia 2010” para asesores no exterior
 
Vai dirixido a asesores de entidades galegas no exterior e está organizado pola Federación de Asociacións Galegas na Arxentina. Trátase do I curso de formación “Retorno a Galicia 2010” que deu comezo este 26 de setembro en Buenos Aires
27 de SEPTIEMBRE de 2010: OURENSE DIXITAL

A provincia de Buenos Aires acolle o I Curso de formación “Retorno a Galicia 2010” para asesores de entidades galegas no exterior, organizado pola Federación Unión de Asociacións Galegas da República Arxentina, en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración.
A finalidade deste curso, sen precedentes en Arxentina, é capacitar asesores que, desde as entidades galegas radicadas no devandito país, transmitan os coñecementos que precisan coñecer os emigrantes galegos que teñen intención de regresar a Galicia.

Dita acción formativa está financiada a través da convocatoria de subvencións de 2010 da Secretaría Xeral da Emigración, dirixida ás entidades no exterior, con obxecto de desenvolver un programa integral de información, orientación e asesoramento sobre aspectos relacionados co retorno a Galicia para emigrantes galegos e descendentes.
A través deste curso informarase ás persoas que asesoran nos centros galegos situados en Arxentina sobre os pasos que deben dar os emigrantes galegos que teñen intención de retornar mentres aínda residan en Arxentina e unha vez unha vez chegados a España.

Os contidos informativos abarcan aspectos relacionados co acceso á vivenda, o sistema educativo, a sanidade, a homologación de títulos e o acceso ao mercado de traballo, así como sobre as axudas económicas que facilitan as distintas administracións e que, dunha maneira ou outra, serven para paliar os gastos derivados do traslado definitivo a Galicia.
Entre os relatores do curso, destaca a do subdirector xeral do Retorno da Secretaría Xeral da Emigración, Antonio Aguarón Turrientes, que impartirá unha conferencia sobre o retorno e responderá ás preguntas que se lle expoñan sobre as novas actuacións que a Secretaría Xeral está a levar a cabo neste ámbito.

A organización deste curso foi acollida con gran expectación, tendo en conta que é o primeiro destas características que se organiza e o importante número de entidades que integran a Federación Unión de Asociacións Galegas da República Arxentina, da que forman parte máis de trinta asociacións, fogares e centros galegos.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Antonio Aguarón Turrientes  
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   
   
   
   
   

 

Añade OuD a tu Google