Igrexa da Madalena de Ribadavia
Enmarcado na programación do Xacobeo 2010, o festival Espazos Sonoros ten como sinal de identidade inconfundible a valorización do patrimonio histórico galego
 
“Espazos Sonoros” chega á Igrexa da Madalena de Ribadavia este domingo, 19
 
15 de SEPTIEMBRE de 2010: OURENSE DIXITAL

Baixo o lema “Unha homenaxe aos nosos públicos”, o festival Espazos Sonoros, organizado pola Consellería de Cultura e Turismo, visitará Ribadavia concluíndo o seu percorrido por Galiza, segundo ven de anuncia a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta. O espectáculo titúlase “Mano Viva: o boneco de cinco dedos que camiña”.
Trátase dunha representación da evolución no teatro de monicreques clásico, de ritmo tan áxil coma o boneco/man protagonista enredado nunha fascinante aventura baseada en acrobacias e situacións divertidas. 

Enmarcado na programación do Xacobeo 2010, o festival Espazos Sonoros ten como sinal de identidade inconfundible a valorización do patrimonio histórico galego a través da música. Ata o 31 de outubro, Espazos Sonoros desenvolverá un total de 45 concertos e diferentes actividades en 21 espazos de interese cultural das catro provincias, e chegará o domingo, día 19, á Igrexa da Madalena de Ribadavia, ás sete da tarde.

 
 

 

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   
   
   
   

 

Añade OuD a tu Google