Últimos días para presentar traballos ao “Pura e Dora Vázquez” de narración literaria
 
O certame “Pura e Dora Vázquez” de narración e ilustración infantil e xuvenil tenta homenaxear ás dúas poetisas ourensáns recorda a Deputación de Ourense
10 de SEPTIEMBRE de 2010: OURENSE DIXITAL

O domingo, día 12 de setembro, remata o prazo para presentar traballos literarios que concurran á  VIII edición do certame “Pura e Dora Vázquez”, no apartado de narración.
Trátase de textos inéditos, que estean dirixidos maIoritariamente a un público infantil ou xuvenil. Recorda a Deputación de Ourense, institución convcocantes destes premios, que o “Pura e Dora Vázquez” de narración  ten unha dotación de 3.000 euros.

Como xa ocurreu en edicións anteriores, con posterioridade o traballo gañador será ilustrado nunha segunda fase deste certame, para dar como resultado final un libro que se empregará como elemento de difusión e divulgación en campañas de animación á lectura.
“O certame Pura e Dora Vázquez de narración e ilustración infantil e xuvenil tenta homenaxear ás dúas poetisas ourensáns, que tanto traballaron ao longo da súa vida polos máis novos”, sinala a Deputación de Ourense.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google