O arquitecto e urbanista Gallego Jorreto recibíu o premio “Celanova, Casa dos poetas, 2010”
 
 
“Un galego que ten demostrado ao longo da súa traxectoria o seu amor e coñecemento do patrimonio cultural, a súa visión de futuro na propia obra creativa e, sobre todo, o compromiso con todo o que Galicia representa”
 
 
 
6 de SEPTIEMBRE de 2010: OURENSE DIXITAL

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad entregou este domingo o premio “Celanova, Casa dos poetas, 2010” ao arquitecto e urbanista Manuel Gallego Jorreto, nun acto celebrado na casa do concello de Celanova.
No transcurso do acto, Jesús Álvarez reafirmou “o compromiso da Consellería de Educación coa Fundación, organizadora destes galardóns” e aproveitou para felicitar ao arquitecto Manuel Gallego Jorreto, “un galego que ten demostrado ao longo da súa traxectoria o seu amor e coñecemento do patrimonio cultural, a súa visión de futuro na propia obra creativa e, sobre todo, o compromiso con todo o que Galicia representa”, sinalou o titular de Educación da Xunta de Galicia.    

Gallego Jorreto recibiu una medalla de prata conmemorativa do galardón, obra do escultor ourensán Acisclo Manzano, na que se realiza un alegato simbólico á figura dos tres grandes poetas de Celanova- Celso Emilio, de Manuel Curros Enríquez e Castor Elices- , ademais dun diploma acreditativo no que se recolle un fragmento da presente acta.
Antes da entrega do galardón ao premiado os asistentes realizaron unha ofrenda floral diante do monumento de Celso Emilio Ferreiro.
Nese momento o presidente da Fundación Curros Enríquez, Antonio Mouriño Villar, presentou o acto, no que tamén actou o grupo musical Haulodia. Ademais o novo patrón da Fundación Curros Enríquez, Felipe Ferreiro, fixo unha lembranza de Celso Emilio Ferreiro, no XXXI cabodeano do seu falecemento.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   

 

Añade OuD a tu Google