Ponse a punto a 15 edición do Festival de Cine Independente de Ourense que chega co mes de outubro
 
4 de SETEMBRO de 2010: OURENSE DIXITAL

Do 1 ao 9 do vindeiro mes de outubro, Ourense acollerá unha nova edición do OUFF, o Festival Internacional de Cine Independente de Ourense. O OUFF rendirá tributo este ano a tres datas: os 150 anos do nacemento do Nobel de Literatura Rabindranath Tagore, os 25 anos da CRTVG e, segundo o director do Festival, Enrique Nicanor, “o paso da adolescencia a madurez” do certame.
Ademais, esta edición rendirá homenaxe o actor ourensán e entusiasta do cine Abelardo Pérez Gabriel, finado o pasado mes de xuño.

O Festival conta con unha achega de 500.000 euros da Concellaría de Cultura do Concello de Ourense, e recibíu este ano 1.891 solicitudes de produccións a concurso nas diversas modalidades.
Según recordou Enrique Nicanor, haberá cinco modalidades no OUFF: longometraxes, curtas, documentais, animación e novos medios.
As salas nas que se levarán a cabo as proxeccións serán as do Centro Comercial Pontevella, o Centro Cultural da Deputación , o Auditorio e o Teatro Principal.

Das 1.891 solicitudes presentadas a concurso, Enrique Nicanor destaca o feita de que un 90% delas procederan do extranxeiro, o que indica a proxección que ten acadada o Fetival Internacional de Cine Independente de Ourense.

 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
  Enrique Nicanor
O OUFF vai poñendo a punto os preparativos neste mes de setembro para outra edición do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense. A volta de folla do calendario chega a cita, o primeiro de outubro
 
 
 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   

 

Añade OuD a tu Google