O Centro Cultural acolle “Punto de partida”, exposición de esculturas figurativas de “Cochorro”
 
 

“Todos os días iniciamos novamente a nosa vida, todos os días erguémonos e comezamos a crear”, sinala Luis Fernández, “Cochorro”, a inaugurar “Punto de partida” no Centro Cultural da Deputación
 
 
 
4 de SETEMBRO de 2010: OURENSE DIXITAL

O escultor valdeorrés Luis Fernández González, “Cochorro”, inaugurou este venres, 4 de septembro, no Centro Cultural da Deputación a exposición “Punto de partida”, unha mostra de esculturas figurativas en pedra, mármore e madeira, que amosan un traballo de madurez, serenidade e sinxeleza. Na presentación do catálogo, o artista dixo que a busca permanente de ritmos e movementos na escultura levouno durante anos a mesturar curvas e arestas con diversos materiais e cores “para crear pezas que falen por si mesmas e transmitan movemento”.

O título da exposición, “Punto de partida”, ten como significado, segundo Cochorro, “que todos os días iniciamos novamente a nosa vida, todos os días erguémonos e comezamos a crear. De aí, que cada día sexa un punto de partida, non só para a escultura senón tamén para a vida mesma”.
Pola súa banda, o director do Centro Cultural, Francisco González, dixo na presentación do catálogo que a exposición está composta de medio cento de pezas “que teñen como denominador común a busca da sinxeleza, pero non como algo banal, senón como camiño para chegar á esencia da materia”.

Francisco González definiu a Cochorro como un escultor “comprometido como o que máis co ámbito cultural e artístico de Ourense, sempre presente en todas as actividades e cun especial interese pola actualidade cultural da nosa provincia, o que se traduce logo na súa obra, que é actual, activa e contemporánea”.
A mostra permanecerá exposta ata o vindeiro 26 de setembro, e incorpora a novidade de que tres pezas ubícanse ao exterior do inmoble, nun intento se di de sacar o espazo expositivo do Centro Cultural da Deputación á rúa.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   

 

Añade OuD a tu Google