Renóvase o vial central de Seixalbo e a praza principal de Eirasvedras

3 de SETEMBRO de 2010: OURENSE DIXITAL

A Xunta de Goberno deste xoves tamén tramitou os expedientes de dúas obras correspondentes á Concellería de Perímetro Rural que dirixe o nacionalista Manuel Herminio Iglesias.
A primera ubícase en Eirasvedras e contempla unha actuación de urbanización na praza central de este núcleo rural para a súa recuperación, acondicionamento e urbanización. A Xunta de Goberno aprobou a súa adxudicación definitiva por un total de 170.816 euros á empresa Cruz Madernaz, e se espera que, superado este trámite, as obras den comezo os vindeiros días.

A segunda das actuación localízase na área de Seixalbo, onde se procederá a unha renovación da rúa Abelardo Arce, vial central deste núcleo. A obra, da que hoxe se iniciou o proxecto de contratación está dotado dun orzamento de 139.021 euros, e están inscritas no proxecto de adecuación de accesos da futura Zona 30 de Seixalbo, “unha acción dirixida a devolver o protagonismo ao peón na rúa priorizando o seu tráfico sobre o de vehículos rodados, garantindo a seguridade e o benestar dos vecinos”, sinala o departamento de Manuel Herminio Iglesias.
O proxecto prevé actuar en seis rúas, Amendo e Freire Carril (xa executadas), rúa Nova, Oliveiros, saída da praza da Igrexa e a propia Abelardo Arce.

O alumeado do Nadal deste ano custará 42.000 euros

Na sesión de este xoves tamén se procedeu a aprobar o expediente de contratación correspondente a instalación, conservación e desmontase do alumeado ornamental de Nadal e Reis 2010-2011 que cada ano xestiona a Concellería de Comercio. 
Para este ano destinanse até 42.000 euros de contratación do alumeado, que será ubicado como é habitual nas entradas da cidade e prazas e rúas máis significativas, complementando o instalado desde as asociacións de comerciantes con subvención municipal.
O prego de condicións elaborouse, como cada ano, en consonancia coas medidas establecidas na correspondente ordeanza municipal no referente a aforro enerxético e seguridade.

 

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Manuel Herminio Iglesias, concelleiro de Perímetro Rural  
     
 
 
     
 
 
 
 
publicidad
   
   
   
   

 

Añade OuD a tu Google