O Expediente de Honra a Los Suaves xa conta con casi 200 adhesións, a piques de rematar o prazo

 
 


O recoñecemento que o Concello quere darlle ao grupo ourensán, se lle tributa “como premio ós singulares méritos que concorren neste grupo”, sinálase dende a Concellería de Cultura de Isabel Pérez
 
 
 
30 de AGOSTO de 2010: OURENSE DIXITAL

A incoación do Expediente de Honra a favor de “Los Suaves”, acordada por unanimidade na sesión plenaria do día 29 de xullo de 2010 do Concello de Ourense, xa conta con case 200 adhesións, segundo ven de informar a Concellaría de Cultura do Concello de Ourense. O recoñecemento que o Concello quere darlle ao grupo ourensán, se lle tributa “como premio ós singulares méritos que concorren neste grupo”.
Decenas de ourensáns, adhesións individuais de variados puntos da xeografía española, asociacións culturais -coma o Ateneo-, galerías de arte, asociacións de veciños, actores, ou institucións, coma é o caso do Concello de Carballiño, xa realizaron a súa adhesión ó expediente.

A incoación do expediente fora ditaminada favorablemente polos tres grupos políticos municipais, “como recoñecemento ó grupo ourensán máis representativo do panorama musical, que levou e leva o nome da nosa cidade por todo o mundo, para que quede patente para futuras xeracións”, segundo a proposta de acordo asinada polo alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez.
Este martes, 31 de agosto, cúmprese o prazo dun mes sometido a información pública, no que poden comparecer cantas persoas o desexen para constatar os datos, noticias ou xuízos que procedan, de conformidade coa proposta.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  El Concello premiará 30 años de fidelidad a Ourense de Los Suaves con la Medalla de Oro de la ciudad  
  Unanimidad en el Concello para el expediente de honores de la ciudad al grupo Los Suaves  
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   
   
   

 

Añade OuD a tu Google