“Se ocultan datos, se minte no número de hectáreas, decláranse extinguidos incendios que ao día seguinte seguen vivos, e, sobre todo e o máis importante, se abandona a prevención de incendios forestais en concellos como Viana, como O Barco ou A Veiga”, dixo o secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez ao visitar este venres Viana do Bolo. O socialista di que en Sanatiago non hai responsables da Xunta “que dean a cara nin asuman responsabilidades” no tema dos incendios forestais, e denunciou a ausencia de políticas de prevención en materia dos incendios, xa que “nin un só dos 34.000 núcleos galegos foi limpado no ano en curso”.
 
Noticias Relacionadas
  El PSOE dice que en Ourense hay concellos que arden en días alternos desde el pasado 13 de agosto
 
 
Pachi Vázquez acusa á Xunta de declarar extinguidos incendios “que ao día seguinte seguen vivos”
 
28 de AGOSTO de 2010: OURENSE DIXITAL

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, denunciou este venres en Viana do Bolo que ante a lacra dos incendios “non hai responsables da Xunta “que dean a cara nin asuman responsabilidades”.
“Estamos vivindo unha vaga de lumes na que Ourense está sendo cruelmente castigada e está sendo cruelmente esquecida polo goberno galego”, sinalou o máximo responsable dos socialistas galegos ao visitar Viana do Bolo.

Pachi Vázquez sinalou tamén que “se ocultan datos, se minte no número de hectáreas, decláranse extinguidos incendios que ao día seguinte seguen vivos, e, sobre todo e o máis importante, se abandona a prevención de incendios forestais en concellos como Viana, como O Barco ou A Veiga”, engadiu o secretario Xeral do PSdeG-PSOE.
Vázquez Fernández denunciou, así mesmo, que “nin un só dos 34.000 núcleos galegos foi limpado no ano en curso”, dato ao que engadiu que “o Partido Popular só contempla a Galicia interior como unha reserva de votos cando lle fai falta, e automáticamente pasa a olvidalo e esquecelo”.

O líder dos socialistas de Galicia fixo estas declaracións acompañado do secretario Xeral provincial, Raúl Fernández, e da secretaria de Organización provincial, María Quintas.
Precisamente Raúl Fernández denunciou o abandono da provincia de Ourense por parte dos responsables da Xunta, especialmente do superdelegado provincial e do Presidente da Deputación, e sinalou que “o PP nesta provincia segue envolto en loitas internas e non leva a cabo nin políticas de creación de emprego nin desenvolvemento económico”.
Fernández sinalou que as expectativas do PSOE na provincia de Ourense de cara ás municipais do vindeiro ano “son boas”, prevendo o socialistas ourensáns que o PSdeG seguirá a medrar en Ourense en número de votos, número de alcaldías “e así acadar a Deputación provincial”, dixo Raúl Fernández.

Volver atras
Imprimir Página