O Concello de Castrelo de Miño está realizando este mes de agosto e ata o día 3 de setembro, un Campamento de Verán co que, ao mesmo tempo, o Concello tenta potenciar e facilitar a conciliación da vida familiar e laboral nestas datas as xentes deste municipio. Deste xeito realizase un servizo de atención e custodia dirixido a poboación infantil de 4 a 14 anos de idade, coa finalidade  de  ofrecer  actividades  lúdico-educativas, sinala o Concello que dirixe como alcalde o nacionalista Xurxo Rodríguez Méndez.
 
 
O Concello de Castrelo de Miño facilita con actividades a conciliación da vida familiar e laboral  
25 de AGOSTO de 2010: OURENSE DIXITAL

O Concello de Castrelo de Miño está realizando un Campamento de Verán para todos os cativos do Concello, programa a base a actividades lúdicas educativas para menores de 4 anos e ata 14, facilitando a conciliación familiar e laboral durante o mes de agosto, segundo sinala o propio concello que dirixe o nacionalista Xurxo Rodríguez Méndez.
“A conciliación entre a actividade laboral, a vida persoal e as necesidades de coidados e atención á familia, son cuestións de moita importancia, no que o Concello de Castrelo de Miño está a traballar, dotando de recursos e servizos que aseguren as responsabilidades familiares e servizos de atención  ao sector infanto-xuvenil”, subliña este Concello.
 
Deste xeito realizase un servizo de atención e custodia dirixido a poboación infantil de 4 a 14 anos de idade, coa  finalidade  de  ofrecer  actividades  lúdico-educativas como son xogos con auga, xogos deportivos e deportes alternativos, cooperativos, tradicionais e populares, así como “xogos de feira” e coa música.
Tamén se desenvolven actividades de artes manuais, como un taller de decoración de tellas, bonecos de globos e goma eva, arte natural, etc.
Actividades de reciclaxe  a  través  da  ciencia  divertida e actividades de expresión e vivencia emocional, como contacontos e xogos de dramatización, xogos simbólicos, risoterapia e  xogos coa música, completan a oferta que inclúe, así mesmo, actividades de fomento da corresponsabilidade nas tarefas do fogar.

As xornadas  lévanse a cabo os luns, martes, mercores e venres do  9  de  Agosto ao 3 de setembro, en horario de cinco a nove da tarde no Pavillón de Deportes de Astariz.

Volver atras
Imprimir Página
 
  Xurxo Rguez. Méndez, alcalde de Castrelo de Miño