Co obxectivo de dar a coñecer máis e mellor a actividade do Museo Municipal de Ourense, comeza este martes un ciclo de cine que promoven a Concellería de Cultura e o Cine Clube Padre Feijóo. Este ciclo vai dirixido sobre todo ao público infantil, e as proxección serán de martes a venres ás 12 do mediodía. Logo dunha pequena explicación da actividade do Museo, haberá unha visita guiada a exposición “Os nosos fondos”
 
 
Cine de curtas no Museo Municipal a partires deste martes para promocionar a súa actividade  

23 de AGOSTO de 2010: OURENSE DIXITAL

No Museo Municipal da Rúa Lepanto da comezo este luns un ciclo de proxeccións de curtas, actividade que promoven a Concellería de Cultura e o Cine Club Padre Feijóo desta cidade.
O departamento de Isabel Pérez pretende con esta iniciativa “un maior coñecemento das exposicións que aquí se levan a cabo”, sinala a Concellería de Cultura, e a actividade vai dirixida sobre todo ao público infantil.

Esta actividade constará da proxección dunha curta cada día da semana a partires do martes, xa que o luns o Museo pecha, e unha explicación da actividade do Museo, así como unha visita guiada a exposición “Os nosos fondos”.
As proxeccións, de martes a venres, como queda dito, serán ás 12 do mediodía, e comenzará coa curta “Amor serrano” e rematarán con “Temporada 92-93”.

Volver atras
Imprimir Página