Coa intención de dar a coñecer cada ano a representantes da música tradicional tanto das distintas comunidades do Estado español como do veciño Portugal, comeza este xoves en Celanova un programa anual de concertos chamao “Iberia Acústica”. Organiza o Concello de Celanova e “Central Folque”, e con esta iniciativa téntase “consolidar un ciclo de concertos anuais que conxugue o patrimonio monumental do Claustro Barroco co patrimonio musical da Península Ibérica”, sinálase dende o Concelle celanovés.
 
 
Arranca este xoves en Celanova o “Iberia Acústica”, ciclo de concertos no Mosteiro de San Rosendo
 
5 de AGOSTO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

Coa organización de dous concertos nesta primeira edición que terán lugar este xoves, 5 de agosto, e o venres, día 6, no Claustro Barroco do Mosteiro de San Rosendo, o Concello de Celanova inicia este ano un programa anual de concertos que persegue o obxectivo de dar a coñecer cada ano a representantes da música tradicional das distintas comunidades autónomas do Estado, así como de Portugal ou de distintos países de Iberoamérica.
Nesta primeira edición este xoves actuará no Claustro Barroco a cantante asturiana Anabel Santiago, mentres que o próximo venres farao o zanfonista vallisoletano Germán Díaz.

Estes concertos están organizados en colaboración co Centro da Música Popular “Central Folque” e contan tamén coa colaboración económica da Consellería de Cultura e Turismo.
O obxectivo do Concello de Celanova é “consolidar un ciclo de concertos anuais que conxugue o patrimonio monumental do Claustro Barroco co patrimonio musical da Península Ibérica, poñendo así en marcha unha iniciativa novidosa e pioneira dentro da programación estival galega”, sinálase dende o Concello que dirixe como alcalde Antonio Mouriño.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página