Actividade extra para os 30 nenos que participan nas actividades da Aula da Natureza do río Miño durante estes dos meses de verán. Este venres, os nenos viaxarán a Untes para asistir a solta de tres cegoñas, solta que terá lugar despois de que os rapaces reciban unha pequena charla. A actividade neste caso non terán lugar na Aula senón no observatorio de paxaros de Untes.
 
 
Os nenos da Aula da Natureza do Miño asistirán este venres á solta de tres cegoñas  

23 de JULIO de 2010: OURENSE DIXITAL

Desde a dependencia municipal da Concellería de Educación, a Aula da Natureza do río Miño, situada no paseo fluvial de Oria, estase a levar a cabo un programa dirixido exclusivamente a nenos e nenas nestes dous meses do verán, segundo ven de informar o Concello de Ourense.
Este venres desprazaranse en autobús ata Untes, para visitar o observatorio de paxaros.
A chegada está prevista para as 11:15, hora na que se celebrará unha charla, e ás 11:30 aproximadamente, debaixo do camping, presenciarán a solta de tres cegoñas.

Nesta actividade, a única que se desenvolve fora da Aula da Natureza, colabora a Consellería do Rural e o Centro do Alto do Rodicio, que tamén realiza soltas de aves para os nenos da Aula da Natureza do río Miño, pero estas organízanse desde a propia aula, para que os rapaces non teñan que desprazarse. Neste caso, ao ser as aves cegoñas, preferiuse facer desde o propio observatorio de Untes.
O naturalista Alberto Rivero Saeta será tamén un dos encargados de que esta actividade se desenvolva correctamente, sendo outro dos colaboradores da Aula da Natureza do río Miño que participa neste programa de verán para os nenos.

Volver atras
Imprimir Página