Co acto deste venres, o BNG convértese na primeira formación que ten completada a súa lista nos postos de saída para as Municipais do ano que ven. En só un mes, o partido nacionalista completou un proceso que lle permite ter internamente todo atado e craro de cara as Locais do vindeiro mes de maio. Isabel Pérez releva ao herdeiro de Alex Sánchez Vidal, Andrés García Mata, e o voceiro nacional do BNG deixou entrever que o Consello Nacional, máximo órgano do partido, fixoulle como obxectivos á nova líder eso, precisamente, capacidade para liderar o partido e ao seu equipo.
 
Noticias Relacionadas
  Guillerme Vázquez presenta en Ourense a lista do BNG para as Municipais de 2011 con Isabel Pérez á cabeza
 
 
O partido márcalle como obxectivos a Isabel Pérez capacidade para liderar o BNG e o seu propio equipo
17 de XULLO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

Capacidade para liderar o BNG ourensá e para liderar un equipo. Eses parecen ser os obxectivos que lle marca o Consello Nacional da formación frentista a Isabel Pérez a resultas do manifestado polo propio portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, este venres en Ourense.
“Cremos que é necesario e posíbel o cambio, temos demostrado que o BNG é capaz de poñer en pé políticas transformadoras”, engadiu Vázquez.

Isabel Pérez destacou que desenvolverá primordialmente “políticas activas destinadas á xuventude en todos os ámbitos da xestión local”, e destacou que calquera política transformadora “ten que ser unha política transversal que atenda a todos os ámbitos de xestión emprego, vivenda, cultura, deportes, igualdade, sanidade, educación, medio ambiente e participación cidadá”.
Segundo a cabeza de lista, a candidatura que presenta conxuga experiencia política e xestión pública, “cun programa destinado á mocidade porque os mozos e mozas serán os que dirixan o Ourense e Galiza do futuro”.

Pola súa banda, Guillerme Vázquez subliñou que o BNG pretende “converter os concellos en institucións activas para saír desta crise dunha forma favorábel á maioría social”, tarefa na que destacou “a defensa da democracia que exercerá o BNG co compromiso exclusivamente coa xente e non cos poderosos”.
Advertiu ademais que “os cidadáns van ter que optar por partidos que defenden formas regresivas nos dereitos laborais e sociais ou por poñer nos gobernos municipais forzas políticas, como o BNG, que si están dispostas a xestionar ben os recursos e dirixilos a aumentar a calidade de vida, a converter os concellos en axentes de dinamización económica, xeradores de emprego, a defender modelos de financiamento xustos e a promover as políticas de igualdade e de benestar, ou a defender os valores patrimoniais ou culturais”

 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 

 

 
Volver atras
Imprimir Página