“Isabel Pérez é unha persoa con experiencia contrastada, capaz, comprometida con Galicia e con Ourense”, dixo o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, este venres en Ourense na posta de largo da candidata. Pero, ao mesmo tempo, tamén se presentou o que os nacioanlistas chaman o “primeiro tramo” da candidatura con 15 postos xa totalmente pechados. Remata así unha semana que comezou coa validación dos resultados da Asamblea do 13 de xuño polo Consello Nacional do partido, e que se pecha con tres dos actuais concelleiros do BNG no Concello de Ourense fora das listas do partido para as Municipais do ano que ven: Andrés García Mata, Ana Garza Cortiñas e Manuel Herminio Iglesias.
 
Noticias Relacionadas
  O partido márcalle como obxectivos a Isabel Pérez capacidade para liderar o BNG e o seu propio equipo
  El cisma del BNG enviará a casa a tres concelleiros del actual Gobierno de Ourense al terminar la legislatura
 
 
Guillerme Vázquez presenta en Ourense a lista do BNG para as Municipais de 2011 con Isabel Pérez á cabeza
 
17 de XULLO de 2010: OURENSE DIXITAL

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, presentou este venres no Auditorio Municipal de Ourense a candidatura ao Concello da cidade da formación nacionalista que encabeza Isabel Pérez. “É tempo de compromiso e de gobernar os concellos doutra forma”, dixo o portavoz nacional, quen engadiu que “vivimos novos tempos políticos e sociais e necesítanse novas políticas á fronte dos concellos”.
O acto celebrouse ao lema “Tempo de compromiso con Galiza, con Ourense”, e nel presentouse o chamado “primeiro tramo” da candidatura do BNG que comprende os 15 primeiros postos da lista.
A este respecto, o acto deste venres non supón ninguna novedade con relación ao que xa se coñocía, que deriva da Asamblea Local do BNG do 13 de xuño pasado. É decir, Guillerme Vázquez confirmou aquela candidatura que encabezaba Isabel Pérez á que na Asamblea a maioría da militancia do BNG lle deu o seu apoio en detrimento da que presentaba a Tenencia de Alcaldía con Andrés García Mata ao frente.

O acto deste venres pecha unha semana que abría o luns o Consello Nacional do BNG validando os resultados de tódalas asambleas, entre elas a de Ourense, e ao que seguía a presentación en Santiago dos cabezas das listas das principais capitales galegas.
Deste xeito, ratifícase o descarte dos candidatos da outra alternativa en Ourense, a de Tenencia de Alcaldía, o que supón ao mesmo tempo que tres dos actuais concelleiros do BNG non recuncarán en ningún posto da candidatura do BNG para as Muicipais de 2011. Son Andrés García Mata, Ana Garza Cortiñas e Manuel Herminio Iglesias Vázquez.

Pola contra, colócanse en postos de saída os outros tres concelleiros, Marta Arribas e Xosé Fernando Varela, ademais da propia Isabel Pérez.

Volver atras
Imprimir Página