Este domingo arranca o tren turístico “Galaico Expreso Ribeira Sacra” que discurrirá entre as estacións de Ourense e Monforte de Lemos. Esta actuación de promoción turística “supón o primeiro paso para a sostenibilidade do proxecto de recuperación de seis vellas estacións de ferrocarril da Deputación-Inorde”, sinalou o presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar. Aa deputacións de Ourense e Lugo e os Concellos desta cidade e máis o de Monforte de Lemos promoven esta iniciativa, asumindo as deputacións o 80% dos custes e os concellos o 20%, a partes iguales sempre. A viaxe de ida e volta custa 22 euros, e para un só traxecto 14.
 
Noticias Relacionadas
  Tren Turístico "Galaico Expreso Ribeira Sacra"
 
 
Presentado o Tren Turístico “Galaico Expreso Ribeira Sacra” que discurre entre Ourense e Monforte
 
16 de XULLO de 2010: OURENSE DIXITAL

O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolleu este xoves a presentación do tren turístico “Galaico Expreso Ribeira Sacra”, proxecto liderado polas deputacións de Ourense e Lugo, e no que están tamén os concellos de Ourense e Monforte de Lemos.
Esta actuación de promoción turística “supón o primeiro paso para a sostenibilidade do proxecto de recuperación de seis vellas estacións de ferrocarril da Deputación-Inorde, das que tres abren as súas portas este fin de semana como albergues da Vía da Prata”. Estas son as estacións de Vilavella, Campobecerros e Vilar de Barrio. A estas estacións sumaranse as de Santa Cruz de Arrabaldo, Baños de Molgas e Os Peares, esta última xa aberta e que será parada do percorrido do tren para visitar a Aula do Ferrocarril instalada nesta estación. 

No acto de presentación, o presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, dixo que considera que con esta iniciativa “corrixiremos un déficit que ten a nosa provincia, como é a dispersión dos recursos, e o tren turístico será o fío condutor que os unirá, sendo un producto diferenciador que pode xerar economía no rural”.
As deputacións de Ourense e Lugo participan no proxecto aportando cada unha o 40% do financiamento, mentres que os concellos de Ourense e Monforte aporta o 20% restante a partes iguales. As achegas van destinadas á decoración de cada un dos dous vagóns de que consta o tren, á xestión do propio tren, limpeza, servizos de a bordo, venda de billetes e atención aos pasaxeiros. No que atinxe ao apartado de maquinistas estase negociando o tema para que os cuestes sexan asumidos polo Ministerio de Fomento.

Ademais, esta iniciativa conta coa colaboración en destino dos concellos de Celanova, Allariz, Ribadavia, Cea, e do Padroado provincial de Turismo, o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, o Mosteiro de Oseira, o Consello Regulador do Pan de Cea e o Grupo Caldaria, así como coas empresas Iberdrola e Ferrovial. A idea é que, “ademais da viaxe en tren, os turistas poidan visitar e coñecer outros lugares próximos á área de influenza do tren”.
O tren constará dunha locomotora, un salón de audiovisuais, outro salón-cafetería, unha oficina de información turística e dous coches de primeira clase en compartimentos de seis viaxeiros.

A partires deste vindeiro domingo, 18 de xullo, e ata o 19 de setembro, o tren estará a disposición dos viaxeiros que o desexen. Haberá dúas saídas dende Ourense a Monforte (ás 11.00 horas e ás 20.30 horas) e de Monforte a Ourense (ás 9.30 horas e ás 20.30 horas).
O prezo de ida e volta é de 22 euros e para un só traxecto é de 14 euros.

Volver atras
Imprimir Página