José Luis Baltar, presidente da Deputación de Ourense

 
  A Deputación de Ourense ven de reeditar as axudas que xa concedera o pasado ano ao pequeno comercio da provincia. Agora, neste 2010, a institución provincial anuncia preto de 500.000 euros en axudas para os pequenos comerciantes ourensáns. Enmárcanse nos programas europeos “Arraiano”, “Delorur” e “Terras do Avia”, e van dos 3.000 aos 13.000 euros, máximo. O proxecto “Arraiano” comprende as vilas de Xinzo e Verín, o “Delorur” as vilas do Barco, A Rúa e Viana do Bolo, e o proxecto “Terras do Avia” as de Ribadavia e O Carballiño.
 
 
A Deputación ofrece preto de 500.000 euros para axudas aos pequenos comerciantes da provincia
15 de XULLO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

A Deputación de Ourense fixou como un dos principais obxectivos de actuación ó longo de 2009 potencialo desenvolvemento rural e urbano dos concellos da provincia, a través de actuacións económicas, tecnolóxicas e medioambientais que favorezan a competitividade e melloren o benestar e a calidade de vida dos cidadáns. En total, máis de 140.000 persoas da provincia son as beneficiarias das obras e servizos que se realizarán no marco dos proxectos ¨Arraiano¨, ¨Delorur¨ e ¨Terras do Avia¨.
Agora, a institución provincial ven de anunciar preto de medio millón de euros en axudas para abrir ou para ampliar comercios en toda a provincia.
 
A Deputación de Ourense sinala que puxo en marcha estes proxectos cofinanciados con fondos europeos, que abranguen unha serie de actuacións dirixidas ós concellos de Ourense, encamiñadas a crear emprego, melloralas infraestruturas, aumenta-la calidade medioambiental, mellora-la accesibilidade e preserva-lo patrimonio cultural.
 
Dentro do ámbito dedicado á promoción económica, a Deputación de Ourense convoca unha liña de axudas para a posta en funcionamento, mellora ou ampliación de comercios de venda polo miúdo nas vilas do ámbito xeográfico dos tres proxectos. No caso do proxecto “Arraiano”, as vilas de Xinzo e Verín, no caso do “Delorur”, as vilas do Barco, A Rúa e Viana do Bolo, e no caso do proxecto “Terras do Avia”, as vilas de Ribadavia e O Carballiño.

“A boa acollida destas axudas por parte do pequeno comercio local no ano 2009, fixo que a Deputación convoque no ano 2010 unha nova oferta de axudas encamiñadas a apoialo comercio de proximidade”, sinala ao respecto a institución ourensá, que incide en que as axudas que pon a disposición dos pequenos comerciantes totalizan ese case medio millón de euros.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página