Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 
  Aínda sin poñer en dúbida que quenes aprobaron foran os mellores, e moito menos da integridade dos tribunais, o PSdeG sinala, unha vez que se coñeceron os resultados das últimas oposicións da Deputación de Ourense, que se mantén un “halo de oscurantismo” no proceso. Esto desaparecería, propón o portavoz socialista, Alfredo García, si o presidente, Baltar Pumar, permitira á oposición entrar no procedemento de designación dos integrantes dos tribunais. Algo que, recorda o socialista, ata o de agora aínda nunca ocurríu.
 
 
O PSOE pide a Baltar Pumar que deixe á oposición participar na elaboración dos tribunais das oposicións
8 de XULLO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

Unha vez que se fixeron públicos os resultados das oposición celebradas na Deputación de Ourense, “co resultado que todo o mundo coñece”, sinala o Partido Socialista, “o presidente da Deputación, Jose Luis Baltar, está propiciando que constantemente xurdan dudas sobre a transparencia dos procesos de selección que se levan a cabo na institución provincial”.
Extremo que se debe, sinalan o PSdeG, ao feito de non contar nunca cos grupos da oposición para o proceso de selección.
En tal situación, o Partido Socialista plantexa agora a José Luis Baltar, presidente da Deputación de Ourense, que deixe entrar a membros da oposición nos tribunais que evalúan as probas dos aspirantes aos postos a cubrir.

Lembra o portavoz do Grupo Socialista da Deputación, Alfredo García que o presidente nomea aos integrantes dos tribunais que valoran aos candidatos, tal e como lle recoñece a lei, “pero nunca permitiu que algún dos vocais fora designado a proposta dos grupos da oposición”.
“As suspicacias acabarían de inmediato no momento en que o presidente levara a cabo unha práctica que sí se fai noutras institucións públicas e en concellos da provincia”, sinala Alfredo García.

O Grupo Socialista dí que si ben é certo que nos tribunais non debe estar ningún representante político, “sí é un político o que nomea aos integrantes dos mesmos”.
O PSG matiza que non pretende dubidar da integridade dos membros do tribunal, nin tampouco da capacidade dos aspirantes que finalmente obtiveron as prazas, pero “o certo é que as oposicións na Deputación teñen un halo de oscurantismo, falla de transparencia e nula obxectividade innegables. Trátase dunha cuestión que se ten que erradicar das institucións públicas”, conclúe Alfredo García.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página