Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 

Francisco Rodríguez, alcalde

 
  Ata a un total de 25 colectivos abranguen as achegas que fai o Concello de Ourense para apoiar a actividade que desensolven estas asociacións ourensáns a prol da saúde e o benestar social. Este mércores, o alcalde da cidade, Francisco Rodríguez, asinou os correspodentes convenios de colaboración entre o Concello de Ourense e ditos colectivos, que totalizan 376.556 euros. En realidade foron 19, si ben nos vindeiros días está previsto completar o proceso coa sinatura dos 6 convenios restantes.
 
 
O Concello de Ourense asina 25 convenios con outras tantas aociacións que traballan a prol da saúde
8 de JULIO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O Concello de Ourense apoiará a actividade que desenvolven as asociacións ourensás a prol da saúde e o benestar social na cidade cunha achega económica total de 376.556 euros para o presente ano 2010.
O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, asinou este mércores os convenios de colaboración entre o Concello e 19 colectivos que desenvolven o seu labor nestes ámbitos na cidade de Ourense.
A eles se engadirá nos próximos días a sinatura dos convenios con outras 6 asociacións, polo que os convenios do Concello darán apoio a un total de 25 colectivos ourensáns.

“Con estas achegas, a Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense reafirma o seu compromiso de apoio ás asociacións ourensáns, que manterán as mesmas axudas coas que contaron no pasado ano 2009, un exercicio no que o programa de axudas incrementara nun 8.1% a súa contía económica”, sinálase dende o departamento de Marga Martín.

Os convenios asinados darán apoio ás seguintes asociacións nas cuantías que tamén se reflexan:

  • ASOCIACION ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO:     6.300€
  • ASOCIACION AMAS DE CASA E CONSUMO MONTEALEGRE:   5.250€
  • GALICIA TERRA DE ACOLLIDA:   6.300€
  • AIXIÑA:   18.900€
  • ASOC FAMILIARES E ENGFERMOS MENTAIS MOREA:   21.000€
  • ASPACE (AXUDA A PARÁLISE CEREBRAL):   6.783€
  • ASPANAS:   18.900€
  • ASOCIACION DE PERSOAS XORDAS DE OURENSE:   21.000€
  • HERMANITAS ANCIANS DESAMPARADOS:   12.630€
  • CRUZ VERMELLA:   26.250€
  • ASOCIACION OURENSÁ DE HEMOFILIA:   4.878€
  • AFAOR (FAMILIARES DE ENFERMOS DE ALZHEIMER):   26.250€
  • DISCAFIS:   18.900€
  • ASOCIACIÓN DE PENSIONISTAS E XUBILADOS (SPES):   3.150€
  • ASOCIACIÓN CADABULLO:   6.200€
  • ASOCIACIÓN OURENSÁ AFECTADOS FATIGA CRÓNICA, FIBROMIALXIA, ARTRITIS E ARTROSIS (ASSOUFFA):   5.000€
  • ASOCIACIÓN DE FIBROMIALXIA E SÍNDROME DE FATIGA CRÓNICA (AFFOU):    5.250€
  • ASOCIACIÓN DIABÉTICA AURIA:   6.000€
  • ASOC CULTURAL GALEGA DE FORMAICÓN PERMANENTE DE ADULTOS (AULA DA TERCEIRA IDADE):   3.665€

A estes convenios engadirase nos próximos días a sinatura dos acordos de colaboración entre o Concello e outras seis organizacións: Cáritas, por importe de 36.750 euros, Alzer, con 7.200 euros, e catro asociacións que desenvolven o seu labor específicamente no ámbito da prevención de drogodependencias, como son Atox, Proxecto Home, Abeiro e Comité Cidadán Anti Sida, neste caso por un importe total de 110.000 euros.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página