“Consideramos imprescindíbel a aplicación de sancións ás administración competentes así como, a retirada da concesión á empresa e a posterior demolición do encoro de Albarellos, único mecanismo para a consecución do bo estado ecolóxico das súas augas”. Así de rotundo se expresa Coto do Frade, despois de que a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo acabe de admitir a trámite o Informe Denuncia que Coto do Frade presentaba no mes de Febreiro onde se comunicaban as infraccións do dereito comunitario perpetradas no río Avia ó longo do ano 2009. O colectivo sigue insistindo na xestión que Gas Natural-Fenosa sigue a facer no Embalse de Albarellos.
 
 
Coto do Frade insiste en que a recuperación do Avia pasa por demoler o Encoro de Albarellos
 
7 de JULIO de 2010: OURENSE DIXITAL

“A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo ven de admitir a trámite o Informe Denuncia que Coto do Frade presentaba no mes de Febreiro onde se comunicaban as infraccións do dereito comunitario perpetradas no río Avia ó longo do ano 2009, remitindo como pobra as conclusións derivadas do traballo de campo realizado por esta Asociación na zona”, ven de facer público este colectivo ecoloxista do Ribeiro.
Segundo Coto do Frade, o traballo feito polo colectivo viña a demostrar a relación causa-efecto dos feitos denunciados e a degradación ambiental provocada,  conculcando o expresamente citado nas Directivas (2000/60/CE) e (92/43/CEE), Directiva Marco de Augas e Directiva relativa á Conservación dos Hábitats Naturais e da Fauna e Flora Silvestre respectivamente.

Insiste Coto do Frade en que “o Informe-Denuncia demostra a responsabilidade tanto das administracións Galega e Española en materia de Medio Ambiente como da empresa Gas Natural-Fenosa”.
Os feitos denunciados levaron ao río avia a unha situación de “crise ambiental sen precedentes”, caso no que Coto do Frade sigue a falar de “neglixencia e mala praxis das administracións competentes, e pola xestión que do encoro de Albarellos ven facendo a empresa”.
Accións, recorda, que remataron por propagar o fungo Phytophtora Alni por todo o cauce e que provocaron a seca do río entre os meses de Agosto e primeira quincena de Outubro de 2009, logo dun prolongado periodo sen aportar un só litro de auga dende o encoro.

Coto do Frade considera a decisión da comisión de Peticións un primeiro paso cara recuperación do río, e sinala que “consideramos imprescindíbel a aplicación de sancións ás administración competentes así como, a retirada da concesión á empresa e a posterior demolición do encoro de Albarellos, único mecanismo para a consecución do bo estado ecolóxico das súas augas”.

Volver atras
Imprimir Página