A Concellaría de Deportes do Concello de Ourense pon en marcha e abre ao público a Piscina Exterior do Pavillón de Os Remedios. Ocupa o lugar no que ante estaba o foso de saltos, que desde 2005 non funcionaba. O Concello remodelou este espazo con cartos do Fondo Estatal de Inversión Local. As novas dotacións permitirán o baño e tomar o sol, e son gratis para os abonados do Pavillón e a 3 euros a entrada para os que non o son.
 
 
O foso de saltos do Pavillón de Os Remedios convértese nunha piscina que abre ao baño este xoves
 
30 de JUNIO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

A Concellaría de Deportes do Concello de Ourense porá a disposición dos veciños desde este xoves, primeiro de xullo, a nova piscina exterior do Pavillón de Deportes dos Remedios, construida co financiamento do Fondo Estatal de Inversión Local, FEIL.
A nova piscina exterior atópase na zona que anteriormente ocupaba o foso de saltos, que se atopaba sen uso desde 2005.
O Concello de Ourense procedeu á remodelación deste entorno, para convertelo nunha piscina exterior, con zona de céspede para tomar o sol, e unha zona cuberta, que entrará en servizo despois do verán, que acollerá un circuito de hidroterapia.

“Coa finalidade de incrementar a oferta de espacios de baño e lecer durante os meses do verán, a Concellería de Deportes do Concello de Ourense adianta a apertura da piscina”, sinala o departamento de Fernando Varela, ratificándose a apertura este xoves, 1 de xullo, tódolos días desde as once da mañá ata as nove da noite, con entrada gratuíta para os abonados do Pavillón, e entrada a un prezo de 3 euros para tódolos demáis usuarios.

As dimensións da nova piscina son 19,20 m. de longo, 6 m. de ancho e 1,20 m. de fondo.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página