O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, interesase no Senado polo caso do barrio de Tarascón desta cidade, entre O Pino e Quintela de Canedo, na marxe dereixa da N-120, a vella carretera de Vigo. O senador do BNG insta ao Ministerio a acondicionar os camiños de servizo para garantir o acceso dos veciños ás súas terras, así como a mellora do actual paso elevado sobre a vía Monforte-Vigo. Sinala que as obras do AVE están a causarlle aos veicños numerosos problemas. Aínda que hai outro que nada en que ver co ferrocarril. Trátase do acceso á Tarascón dende a N-120 a través dun paso elevado sobre a actual vía Monforte-Vigo que debido á súa estreitez e mal estado supón un serio risco para os cidadadáns.
 
 
Pérez Bouza pide no Senado que Fomento restitúa o paso elevado sobre a vía do tren en Tarascón
28 de JUNIO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, rexistrou no Senado unha moción na que insta ao Ministerio de Fomento a restituir o paso elevado na aldea de Tarascón que permita salvar, tanto a actual liña ferroviaria Ourense-Santiago como a futura liña do AVE. Tarascón ubícase ao carón da vella carretera de Vigo, un pouco máis aló de O Pino e antes de Quintela Canedo.
O senador do BNG quer que o Ministerio garanta o acceso dos veciños ás súas propiedades. No mesmo sentido, pide que se acondicionen os camiños de servizo para que os veciños poidan transitar sin riscos.
Por último, Pérez Bouza inclúe un terceiro punto na moción para solicitar ao Ministerio que redacte e execute con urxencia un proxecto de ampliación e mellora da estrutura do actual paso elevado sobre a vía Monforte-Vigo, utilizado como acceso principal á aldea de Tarascón, “por se atopar en mal estado de conservación”.

Explica o senador nacionalista que a aldea de Tarascón se sitúa entre as actuais vías ferroviarias que unen Monforte con Vigo, Ourense e Santiago. “Actualmente, estáse a executar a plataforma da futura liña do AVE Ourense-Santiago. Precisamente, estas obras están a causar importantes problemas aos veciños de Tarascón”, afirma Pérez Bouza.
Entre os problemas, o senador do BNG menciona a eliminación dun antigo paso elevado que lles permitía acceder ás súas propiedades situadas ao outro lado da vía. Ademáis, da incapacidade de transitar polos camiños de servizo paralelos á liña do AVE debido ás excesivas pendentes.
“Tamén a supresión da antiga ponte sobre a vía actual dificulta o acceso dos veciños ás súas terras”, engade o senador nacionalista.

Outro dos problemas non garda relación coas obras do AVE, sinala Pérez Bouza, senón que ten “relación co peculiar emprazamento deste núcleo de poboación, xa que é difícil o acceso a Tarascón desde a N-120. O acceso lévase a cabo a través dun paso elevado sobre a actual vía Monforte-Vigo que debido á súa estreitez e mal estado supón un serio risco para os cidadadáns”.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página