O portavoz do PSOE no Concello de Rairiz de Veiga ven de elaborar unha extensa relación de procesos abertos polo alcalde, el ex BNG Xosé Xaquín Rodríguez Ambrosio, contra dúas traballadoras en especial, si ben o rexidor municipal contabiliza máis casos. Na larga relación que facilita o concelleiro do PSdeG-PSOE, Euloxio Fernández, hai unha enchenta de actuacións irregulares cometidas polo alcalde que agora mesmo, a xuizo do socialista, fan “insostible” a situación económica deste Concello. Euloxio Fernández sinala que “sentenza tras sentenza, o rexedor municipal fai oídos xordos á xustiza e acumula débedas que fan que a situación económica do concello sexa irreversible”. De paso, o socialista pídelle ao BNG que se aclare e que diga cantos concelleiros ten no Concello de Rairiz de Veiga.
 
Noticias Relacionadas
  El alcalde de Rairiz recurre al TSXG y ordena a la trabajadora social que se quede en casa, que cobrará igual
  El BNG no apoya sino que “rexeita” el proceder del alcalde de Rairíz de Veiga, al que sitúa fuera del partido
 
 
 
O PSOE denuncia que a situación do Concello de Rairiz e “insostible” e “irrevesible” por culpa do alcalde
22 de XUÑO de 2010: OURENSE DIXITAL

O PSdeG-PSOE de Rairíz de Veiga denuncia a “insostible situación económica deste concello”, que acumula débedas a traballadores e proveedores ademais de sentenzas condenatorias por diversos procedementos xudiciais.
O portavoz socialista neste concello, Eulogio Fernández, sinala que os feitos se remontan á serie de sentenzas xudiciais que dúas traballadoras do concello acumulan, e que culminan nun burofax do pasado 7 de xuño a través do que o alcalde lle comunica a unha delas “que lle exonera do deber de traballar se ben provisionalmente co dereito a percibo das retribucións que lle correspondan”.
 
Fernández sinala que “sentenza tras sentenza, o rexedor municipal fai oídos xordos á xustiza e acumula débedas que fan que a situación económica do concello sexa irreversible”.
“Aos 59.000 euros que o concello ten que pagar a un traballador do servizo de lixo, e ás débedas acumuladas a diversos provedores, o alcalde vai sumando unha condena tras outra das demandas interpostas por dúas traballadoras de servizos sociais”, recorda o portavoz socialista neste Concello. 
Euloxio Fernández lembra que unha das traballadoras leva inmersa en procesos xudiciais dende 2008, primeira sentenza que declara improcedente o seu despido. Foi recurrida polo concello, pero o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarou nulo o despido e a readmisión da traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despido.
O alcalde non acatou a sentenza e en dous novos xuízos declaráronse nulos os despidos e condenado o Concello por “vulneración de dereitos fundamentais” á reposición inmediata nas mesmas condicións que rexían con anterioridade e ao abono dos salarios deixados de percibir. A este sentenza segue o burofax remitido polo alcalde no que se exonera do deber de traballar á empregada, sinala o concelleiro socialista de Rairiz de Veiga.
 
Noutro caso a serie de sentenzas por vulneración de dereitos producíronse ao longo de 2009 e do presente ano 2010 e condenan ao concello ao pago de diversas indemnizacións, que superan os 10.000 euros, máis a reclamación pendente de sentenza do pago da antigüidade cuxa contía ascende a 12.000 euros.
Ademais están pendentes de xuízo sendas querelas criminais por delictos de coaccións, amezas contra os dereitos dos traballadores, lesións, violacións do dereito á integridade física e psíquica no traballo, violación do dereito a ser escoitado, negación do dereito á información e á comunicación, atropelo de dereitos adquiridos mediante o mobbing, fixación malintencionada de prazos que as vítimas non poden cumprir, atropelo do dereito ao honor mediante calumnia intencionada, atropelo do dereito á defensa xurídica legal, e atropelo do dereito á intimidade ou á inviolabilidade da información confidencial que afecta á persoa.
Tamén están abertas no Xulgado de Instrución de Xinzo de Limia dilixencias previas iniciadas a instancias do Ministerio Fiscal en orden a depurar as posibles responsabilidades do rexedor por delictos varios.
 
Por último, o portavoz socialista lembra que no seu día o alcalde anunciara o seu paso ao Grupo Mixto, e que solicitara a baixa do BNG, pero pasado o tempo este cambio non se ten materializado no concello, polo que Euloxio Fernández esixe ao BNG que aclare cantos concelleiros ten en Rairiz de Veiga.

Volver atras
Imprimir Página