O director Xeral de Emprego do Concello de Ourense aposta decididamente pola cultura emprendedora. Vázquez Barquero sinala que pode ser unha saída para moitos desempregados, ao tempo que subliña a vontade que ten o Concello de Ourense de potenciar este tipo de actuacións. A semana de actividades organizadas polo Concello para fomentar a cultura emprendedora comezará o martes día 22 a partires das 10 da maña, coa celebración do Foro da Creatividade e a Innovación. A semana rematará o venres coa xuntanza do Consello Consultivo de Empresarios e Profesionais  Ourensáns  no Exterior, tralo que se procederá á entrega do premio do concurso convocado polo Concello á Mellor Iniciativa Emprendedora desenvolvida na cidade.
 
Noticias Relacionadas
  O Concello de Ourense organiza esta semana o III Encontro de Emprendedores Eduardo Barreiros
 
 
Vázquez Barquero: “a cultura emprendedora é unha das saídas para moitos desempregados”
21 de JUNIO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O director Xeral de Emprego do Concello de Ourense, Jose Angel Vázquez Barquero, salienta a importancia do III Encontro de Emprendedores Eduardo Barreiros, xa que “a cultura emprendedora é unha das saídas para moitos desempregados”, circunstancia á que se engade a vontade expresa do Concello de “coordinar e potenciar todas as accións relacionadas co mundo emprendedor” en tódolos ámbitos do emprendemento.

Unha das novidades do III Encontro de Emprendedores, refire Vázquez Barquero, será a constitución da Rede internacional de cooperación para o emprendemento, que terá lugar nas xornadas do venres e o sábado na CEO e no Concello de Ourense, e que ten como obxectivo específico a creación dunha estructura transnacional de cooperación “orientada á promoción da actividade emprendedora e a internacionalización das empresas locais”.
Vazquez Barquero subliña, ademais, a importancia da posta en marcha de convenios con  distintas empresas “a través dos irmandamentos que existen” contando sempre coa colaboración dos empresarios galegos no exterior.

Foro da Creatividade e a Innovación

A semana de actividades organizadas polo Concello para fomentar a cultura emprendedora comezará o martes día 22 a partires das 10 da maña.
O Liceo acollerá a celebración do Foro da Creatividade coa presentación a cargo de Luis M. Delgado, subdirector xeral de Modernización e Promoción da Investigación Universitaria do Ministerio de Educación. A continuación intervirá José Mª Martín Moreno, profesor de Análises económicas da Universidade de Vigo que abrirá o debate sobre a situación actual e as perspectivas cara o futuro dos emprendedores.

O programa de actividades continuará coa celebración da  III xuntanza do Consello Consultivo de Empresarios e Profesionais  Ourensáns  no Exterior, que terá lugar o venres día 25 a partires das 10 da mañá no Liceo de Ourense, acto tralo que se procederá á entrega do premio do concurso convocado polo Concello que distinguirá á Mellor Iniciativa Emprendedora desenvolvida na cidade.

 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 
 
Volver atras
Imprimir Página