Dentro do III Econtro Internacional de Emprendedores Eduardo Barreiros, chegan esta semana as “Xornadas para Emprendedores”, que terán lugar no Centro Cultural de Caixanova estes mércores e xoves. Estas xornadas están concebidas como “un foro que serverá para compartir coñecementos, información e experiencias, dar a coñecer novos negocios e divulgar experiencias de emprendementos exitosos dentro e fóra de Ourense”. Nas xornadas trataranse temas como os novos perfís e necesidades do emprendedor, as oportunidades de actividade no marco da crise, o cambio e relevo xeracional nas empresas locais, a actividade exportadora como oportunidade ou os novos entornos urbanos e emprendemento.
Ata o martes, día 22, aínda se está a tempo de inscribirse nas mesmas.
 
Noticias Relacionadas
  Vázquez Barquero: “a cultura emprendedora é unha das saídas para
moitos desempregados”
  Foro da Creatividade e a Innovación
 
 
O Concello de Ourense organiza esta semana o III Encontro de Emprendedores Eduardo Barreiros
21 de JUNIO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O Concello de Ourense, co obxectivo de promover e impulsar a cultura emprendedora na cidade, organiza dende este luns, 21, ata o sábado, 26 de xuño a III edición do Encontro Internacional de Emprendedores Eduardo Barreiros, cun amplo programa de actividades que persiguen fomentar o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na cidade.
Enmarcadas neste III Encontro, os días 23 e 24, mércores e xoves, terán lugar no Centro Cultural de Caixanova as “Xornadas para emprendedores”, concebidas como “un foro que serverá para compartir coñecementos, información e experiencias, dar a coñecer novos negocios e divulgar experiencias de emprendementos exitosos dentro e fóra de Ourense”, sinala o Concello de Ourense.
Tódolos interesados poden inscribirse gratuitamente ata o martes, 22, a través das páxinas web do Concello de Ourense e do Encontro de Emprendedores.
Nas xornadas trataranse temas como os novos perfís e necesidades do emprendedor, as oportunidades de actividade no marco da crise, o cambio e relevo xeracional nas empresas locais, a actividade exportadora como oportunidade ou os novos entornos urbanos e emprendemento.

A inauguración das Xornadas terá lugar o mércores día 23 ás dez da mañá, e a primeira conferencia terá lugar ás dez e media e versará sobre os Programas e liñas de axuda para  emprendedores do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio que será impartida por Antonio Fernández Ecker, subdirector xeral de Fomento Empresarial da DGPYME .
Ás 12 h comezará o espacio adicado ás Oportunidades de actividade no marco da crise coa intervención de Ignacio Urdiales, director financieiro de Blusens (empresas TIC),  Emilio Fernández Suárez. Profesor de Ecoloxía da Universidade de Vigo (medio ambiente e enerxía) e Antonio García Allut, xerente de Lonxanet, que falará de Emprendimento social

Xa pola tarde, o día 23 as 17h as Xornadas para Emprendedores centraranse nos Novos perfís e novas necesidades do emprendedor coas intervencións de Daniel Ramos Lobón, presidente da Federación Galega de Xóvenes Emprendedores (FEGAXE),  Marc Vidal, emprendedor experto en redes sociais, blogueiro e director xeral de Cink, e Jaime Estévez, emprendedor, xornalista e blogueiro, director da axencia de noticias Agoranews
A partires das 18.30 tratarase o Cambio e relevo xeneracional nas empresas familiares locais coas intervencións de Felipe Gamallo de  Construccións Gamallo SA, Luis Pérez Canal da empresa Aceites Abril SA , Jorge Bermello de Bermello SA e  Mar Pérez de  Araújo Piel SA

As Xornadas para emprendedores continuarán o xoves día 24 no  Centro Cultural Caixanova ás 10h para falar da Actividade exportadora como oportunidade coas intervencións de Sergio Cortés, emprendedor, director de Negozia,  Juan Martínez Domínguez, director xeral de Vasco Gallega Consignaciones SA e Marta Ipiña Gosalbo, directora de Comercio Exterior de Caixanova .

Nesta mesma xornada, a partires das 11.30h abordaranse o Emprendemento e os novos entornos urbanos coas intervencións de Manuel Pérez-Minayo Reguera, alcalde de Urueña,  Gonzalo Arroita Berenguer director-xerente da  Axencia para a Revitalización Integral da Cidade Histórica de Vitoria-Gasteiz  e Jaume Amill Miralles director da Área de Creación e Dinamización de Empresas 22@Barcelona.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página