No que resta de ano, o Concello de Ourense aforrará algo máis de un millón de euros ao aplicar a reducción salarial disposta polo Goberno de España no Real Decreto Lei de 20 de maio pasado. Estas medidas serán aplicadas á totalidade dos traballadores do Concello de Ourense, que conta cunha plantilla formada por 828 empregados, dos que 754 son funcionarios e 74 son laborais. A Xunta de Goberno Local do Concello deste xoves deu conformidade a aplicación das reduccións, tanto das retribucións básicas, donde os descontos serán progresivos, como nos complementos salariais donde a reducción será lineal dun 5%. O asunto lévase a un pleno extra que convocado para as 9 da mañá deste venres, no que, ademais, o alcalde dará conta da súa decisión persoal de reducirse o soldo un 15%
 
Noticias Relacionadas
  El alcalde de Ourense se rebaja el sueldo 800 euros/mes, 11.400 al año, al reducirse un 15% el salario
 
 
O Concello de Ourense aforrará no que resta de ano 1 millon de euros reducindo ao soldo aos seus 828 traballadores
 
18 de JUNIO de 2010: OURENSE DIXITAL

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou na súa xuntanza deste xoves a traslación ao Concello de Ourense do Real Decreto-Lei 8/2010, de 20 de maio, polo que se adoptan medidas extraordinarias para a reducción do déficit público, por parte do Goberno do Estado. Estas medidas suporán un aforro de 1 millón de euros ata final de ano nos gastos de persoal do Concello de Ourense, segundo concretou a Xunta de Goberno Local para o pleno extra a celebrar este venres.
De acordo co previsto no Real Decreto, trasládase ó Concello de Ourense a reducción dos salarios dos traballadores municipais, a través dos 2 elementos que os compoñen: as retribucións básicas (soldo base e trienios), e os complementos (de destino e específico).

A reducción das retribucións básicas (soldo base máis trienios) será progresiva, e irá dende o 4,5% para os salarios máis altos ata un 0% para os máis baixos. Será, concretamente, unha reducción do 4,5% para os traballadores do grupo A1 (categoría equivalente a licenciados universitarios), dun 2,7% para os traballadores do grupo A2 (diplomados), dun 2% para o grupo C1 (administrativos), dun 0,25% para o grupo C2 (auxiliares administrativos), e dun 0% para os traballadores do grupo AP (agrupacións profesionais, como operarios, conserxes, etc.)
No caso dos complementos salariais, tanto de destino como específico, a reducción será dun 5% para tódolos grupos.

Estas medidas serán aplicadas á totalidade dos traballadores do Concello de Ourense, que conta cunha plantilla formada por 828 empregados, dos que 754 son funcionarios e 74 son laborais.
A estimación de aforro feita polos técnicos do Concello de Ourense, estiman que coa aplicación destas medidas se xenerará un aforro superior ao millón de euros, concretamente 1.052.577,28 euros para as arcas municipais dende o mes de xuño ata o remate do presente ano 2010.

Pleno extraordinario este venres

A medida vai a un pleno extraordinario que o alcalde convocou para as nove da mañá deste venres, co único punto no orde do día da apicación de dito Real Decreto Lei 8/2010 e os referidos recortes visados este xoves pola Xunta Local de Goberno.
Así mesmo, nesta sesión o alcalde proporá a traslación a Ourense dos criterios adoptados pola Federación Española de Municipios e Provincias, FEGAMP, na reunión de 1 de xuño de 2010.
En relación ao seu salario, o alcalde manterá a iniciativa persoal de reducilo nun 15%.

Volver atras
Imprimir Página