En Maceda están a rematar as actividades dirixidas ás persoas maiores do curso 2009-2010 que organizou a Cocnellería de Servizos Sociais deste Concello. De feito, están previstas ao longo de toda esta semana e da vindeira as clausuras en localidadesd e todo o municipio, como son Calvelo, Foncuberta, San Tirso, Vilar, Tioira, Carguizoi, Xinzo da Costa e Castro, ademais de na propia Maceda. Chega así ao se remate un novo curso de actividades nas que tomaron parte preto de 200 persoas.
 
 
Rematan en Maceda estes días as actividades para as persoas maiores do curso 2009-2010  

16 de JUNIO de 2010: OURENSE DIXITAL

Un centenar de persoas están a recibir os seus diplomas de participación nos Obradoiros de Memoria, e 90 pola súa participación nas Actividades de Psicomotricidade que se reiniciaban no mes de setembro impartidos pola psicóloga e a educadora social do Concello de Maceda.
Deste xeito, segundo ven de informar a Concellería de Servizos Sociais que dirixe a socialista Ana María Rodríguez, as actvidades do curso 2009-2010 do Concello de Maceda dirixidas ás pesonas maiores están a rematar nestes días.
 
De feito, está previsto que o programa, que alternando as dúas modalidades se desenvolvía semanalmente en horario de 11 a 12:30 horas, será clausurado ao longo desta semana e da próxima en Calvelo, Foncuberta, San Tirso, Vilar, Tioira, Maceda, Carguizoi, Xinzo da Costa e Castro.
A concelleira Ana María Rodríguez sinala que “é de gran importancia o achegamento ás persoas maiores de accións que motivan a mellora da calidade de vida tanto no aspecto persoal como no social. É por isto que a experiencia comezada no segundo trimestre de 2008, con rotación nos diferentes pobos, se afianzou convertíndose nunha rutina, nunha escola de maiores”.

Volver atras
Imprimir Página