Do 21 ao 30 de xullo Ourense acollerá unha acción formativa da Fundación Galicia Emigración. Trátase dun proceso de aprendizaxe que será unha combinación de clases teóricas e prácticas que se desenvolverán en servizos de atención domiciliaria e nunha residencia comunitaria.  A duración será de 120 horas lectivas, que se distribuirán en 100 horas de formación teórica e 20 horas de formación práctica. Está aberto xa o prazo de preinscripción, e a actividade vai dirixida a emigrantes retornados e inmigrantes nun intento de favorecer ou mellorar a súa inserción laboral.
 
 
Galicia Emigración anuncia en Ourense unha acción formativa para emigrantes retornados e inmigrantes
15 de JUNIO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

A Fundación Galicia Emigración abriu o pasado venres, 11 de xuño, o prazo de preinscrición da acción formativa Atención socio sanitaria en domicilio a persoas dependentes, que se desenvolverá en Ourense.
Esta acción enmarcase no plan de actuación da Fundación Galicia Emigración para o ano 2010, que inclúe actuacións para o apoio á inserción laboral por conta allea, que conta cun programa de formación con compromiso de contratación consistente na realización de accións formativas nas que existe un compromiso de contratación dunha porcentaxe do alumnado.

Esta actividade, que se desenvolverá en Ourense entre o 21 de xuño e o 30 de xullo, ten por obxecto “favorecer ou mellorar a empregabilidade dos emigrantes retornados e inmigrantes residentes en Galicia, contratando ao remate do mesmo ao 30% do alumnado”, sinala a Fundación que promove esta actuación.
O proceso de aprendizaxe será unha combinación de clases teóricas, así como prácticas que se desenvolverán en servizos de atención domiciliaria así como nunha residencia comunitaria.  A duración será de 120 horas lectivas, que se distribuirán en 100 horas de formación teórica e 20 horas de formación práctica.

A acción formativa é totalmente gratuita, e capacita aos participantes na adquisición de habilidades básicas para a atención en domicilio de persoas que teñan limitada a súa autonomía persoal desde unha perspectiva física, psíquica, e social.
Entre os contidos a tratar, atópanse, entre outros, temas sobre a atención socio sanitaria a domicilio, atención de carácter persoal para as actividades básicas e instrumentais da vida diaria, atención de carácter doméstico e psico social e educativo; o equipo de traballo e o análise das posibilidades de emprego no sector.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página