Todo a punto para o programa “Reencontros na casa” que organiza a Secretaria Xeral de Emigración da Xunta de Galicia. Xa están seleccionados os 241 participantes neste programa, que empezarán a chegar a Galicia o terceiro domingo de este mes, o día 20 de xuño. Este programa está destinado a emigrantes galegos maiores de 55 anos que levan moito tempo sin poder vir a Galicia. Os beneficiarios poden viaxar cos seus cónxugues, o que farán 55 deles. Poden permanecer en Galicia ata un máximo de tres meses.
 
Noticias Relacionadas
  O 1 de xullo chegan a Galicia os primeiros mozos emigrantes dos campamentos e campos da Xunta
 
 
 
O día 20 de xuño chegan a Lavacolla os primeiros emigrantes retornados do programa Reencontros na casa
14 de XUÑO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia xa seleccionou aos 241 participantes no programa Reencontros na Casa que viaxarán a Galicia nas vindeiras semanas para visitar a súa terra de orixe e reencontrarse coas súas familias. A chegada destes participantes será o día 20 deste mes ao aeroporto de Santiago de Compostela.
Este programa está destinado a emigrantes galegos, maiores de 55 anos, que levan moito tempo sen poder vir a Galicia. O obxectivo de Reencontros na Casa é promover o contacto dos galegos residentes no exterior coa súa terra e cos seus familiares.

A Secretaría Xeral da Emigración publicou no Diario Oficial de Galicia a resolución de convocatoria para este programa ao que se presentaron un total de 376 solicitudes para 241 prazas. De todas estas solicitudes resultaron seleccionados 114 procedentes de Arxentina, 90 de Uruguai, 18 de Brasil, 12 de Cuba e 7 de Venezuela, axudándolle, desde a Secretaría Xeral da Emigración, a costear o custe da pasaxe de avión, entre un 60% e un 80%, dependendo do país desde o que viaxen.

Cabe subliñar que os beneficiarios poden viaxar cos seus cónxuxes. Neste caso son 55 os matrimonios que viaxan ambos os dous a Galicia para compartir coas súas familias a súa estadía ata un máximo de tres meses.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página