O conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia estivo este venres en Ribadaiva para asinar o acordo de colaboración coa Red de Juderías de España e a Casa Sefarad-Israel. A acordo tentará profundizar no estudo do legado sefardí desenrolando vínculos de cooperación entre Galicia e as comunidades xudías de todo o mundo. Roberto Varela incidiu na importancia da sinatura nun ano de tal transcendencia, como é o Xacobeo, “un formidable nexo de culturas en Galicia, grazas principalmente ao Camiño de Santiago, unha terra aberta a todo tipo de intercambios culturais”.

 
 

Roberto Varela avoga en Ribadavia por “conservar o patrimonio que Galicia herdou do pobo sefardí”

12 de JUNIO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asinou en Ribadavia este venres un protocolo de colaboración co presidente da Red de Juderías de España e alcalde do Concello de Ribadavia, Marcos Blanco Jorge, e o director xeral de Casa Sefarad Israel, Diego de Ojeda, co obxectivo de afondar o estudo do legado sefardí, fomentando o seu coñecemento e desenrolando vínculos de cooperación entre Galicia e as comunidades e organizacións xudías en España, Israel e de todo o mundo.
O conselleiro de Cultura, amosou o obxectivo da Xunta de Galicia na conservación do “patrimonio material e inmaterial galego que a nosa terra herdou do pobo sefardí e que segue vivo entre nós”. Ao acto tamén asistiron o secretario xeral da Casa Sefarad Israel, Miguel de Lucas, o presidente da Cámara de Comercio España Israel, Gil Gidrón e o director xeral de EI AI, Walter Wasercier.

 
Para Roberto Varela, o propósito do acordo establécese no “coñecemento do legado sefardí e no diálogo entre Galicia e as comunidades xudías”.
O conselleiro incidiu na importancia da sinatura nun ano de tal transcendencia, como é o Xacobeo, “un formidable nexo de culturas en Galicia, grazas principalmente ao Camiño de Santiago, unha terra aberta a todo tipo de intercambios culturais”.
O conselleiro describiu o legado xudeu en Galicia como “máis que evidente, especialmente nesta fermosa e histórica vila de Ribadavia que posúe unha das xuderías mellor conservadas e máis belas de todo o territorio nacional”. Roberto Varela manifestou o obxectivo da Consellería de Cultura e Turismo de “promover e difundir a nosa cultura, establecer intercambios e diálogos interculturais nunha procura permanente de cooperación, de avance e de progreso”.
 
Volver atras
Imprimir Página