Monterrei abre este sábado a campaña estival de tódalas súas instalacions, incluídas as seis piscinas coas que conta o Complexo. De 5 de xuño a 5 de setembro, sinalou o delegado Territorial da Xunta, quen calificou as instalacions “de luxo para a práctica do deporte e para gozar do tempo de lecer”. “Nunca se abriu tan cedo”, asegurou Martínez, quen engadíu que “nos quixemos poñer a punto o complexo o antes posible para que os ourensáns tivesen outra opción máis para facer fronte a estas altas temperaturas”. O ano pasado o Complexo contabilizou o paso de 50.000 persoas, segundo datos da Xunta de Galicia.
 
Noticias Relacionadas
  A Deputación abre ao baño as piscinas do Tecnolóxico, as primeiras da provincia en abrir
 
 
As seis piscinas de Monterrei abren a temporada de baño este sábado, 5 de xuño, ata o 5 de setembro
 
4 de JUNIO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

Este sábado abrirán as Piscinas de Monterrei. Así o anunciou este xoves o delegado Territorial da Xunta de Galicia, quen acudíu a Monterrei para visitar o recinto deportivo e de esparcemento. “Nunca se abriu tan cedo”, asegurou Martínez, quen engadíu que “nos quixemos poñer a punto o complexo o antes posible para que os ourensáns tivesen outra opción máis para facer fronte a estas altas temperaturas”.
O complexo deportivo abrirá campaña estival do 5 de xuño ao 5 de setembro, e está previsto que se desenvolva unha xornada de portas abertas na que os que o desexen poderán gozar un ano máis e por este día das súas piscinas, pistas deportivas, e de tódalas súas instalacións gratis nesta xornada inaugural ata completalo aforo que é de 1.700 persoas.
 
O Complexo Deportivo de Monterrei conta con seis piscinas, unha con efecto de ondas, outra que conta cun tobogán acuático, un vaso de inmersión de 2,7 de profundidad, unha piscina infantil e a piscina chamada "de roca", e unha para bebés.
Ademais conta con pistas de atletismo, dúas pistas polideportivas, estadio de atletismo, catro canchas de tenis, unha de fútbol sala, dúas pistas de padel… Martínez asegurou que “co éxito que está a acadar este deporte está presupostada xa unha pista de padel máis, así que o ano que ven o Complexo contará con tres pistas de padel”, ademais ten un amplo espazo de verde onde se poden realizar barbacoas.

A xunta sinala ter contabilizado o paso durante o pasado ano polo Complexo de Monterrei de 50.000 persoas. Aquí traballarán este verán sete socorristas, dous ATS dúas persoas nas taquillas e un encargado xeral.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página