A Concellería de Educación do Concello de Ourense ten xa preparadas, por terceiro ano consecutivo, as Actividades de Verán para escolares da cidade. Terán lugar en 4 centros de Educación Primaria, 2 Institutos, a Escola Municipal de Artes Escénicas, a Aula da Natureza de Oira e as 4 bibliotecas municipais. Co mes de xuño, a partires xa deste día primeiro, abríuse o prazo de preinscripción. Cursos, obradoiros e outras propostas lúdicas e formativas compoñen a oferta do departamento de Ana Garrido para este verán, que a propia concelleira de Educación presentou este martes.
 
 
O Concello de Ourense presenta a oferta de actividades deste verán para os escolares da cidade
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
2 de JUNIO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

A Concellería de Educación do Concello de Ourense organiza outro ano o programa de actividades de verán 2010, con diferentes cursos, obradoiros e outras propostas lúdicas e formativas para os escolares de Ourense durante os meses de verán. A concelleira de Educación, Ana Garrido presentou este martes o programa de actividades, que articula actividades nos centros de Educación Primaria e Sencundaria, a Aula da Natureza de Oira e as catro bibliotecas da cidade.

Concretamente nos centros de Primaria as actividades estarán dirixidas aos alumnos de 6 a 12 anos. Durante o mes de xullo, de 9.30h a 13.30h, serán nos colexios Irmáns Villar, A Ponte, O Couto e Vistahermosa. Obradoiros de inglés, animación á lectura, baile moderno e actividades deportivas/xogos populares (agás no CEIP O Couto que estas ultimas serán sustituidas por educación viaria, conforman a oferta da Concellería de Educación.

Nos centros de Secundaria as actividades dirixiranse aos alumnos de ESO e Primeiro de Bacharelato. Serán no Blanco Amor e no Otero Pedraio, e consistirán en obradoiros de inglés e francés. Sempre en horario de 10 da mañá a unha e media da tarde.
As actividades da Aula da Natureza de Oira irán dirixidas ao alumnado de 6 a 13 anos, de 10.00h a 13.30h e 17.00h a 20.00h.
Aquí terán lugar actividades relacionadas coa natureza e o medio ambiente.
Na Escola Municipal das Artes Escénicas haberá teatro e música, con obradoiros nos dous casos, de 9.30h a 13.30h.

Tódolos interesados poden realizar a preinscrición ata o día 11 de xuño, nas dependencias da Concellería de Educación, na Praza de San Martiño, nº 2, 1º, de 9:00 a 14:00 horas.
No caso das actividades nas bibliotecas municipais, a preinscrición realizarase nas propias bibliotecas.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página