O Parque dos Carrileiros de Foula do recinto de San Francisco desta cidade terá 107 metros máis de vías, un novo túnel, unha ponte, un corpo de auga e unha nova estación. Todo esto será producto dun proxecto que desenvolverá o Concello de Ourense, e que contará coa achega dos 460.000 euros qeu costará levalo a cabo polo Estado a través do Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local de 2010. O Concello entende este procecto como “un novo eixo vertebrador desta zona da cidade”, que une ao Parque da Canle e o Botánico de Montealegre que se está a construir. O Parque gaña 2.000 mts.2 e mellorará a súa accesibilidade eliminando as barreiras arquitectónicas que existen acutalmente. Este xoves a Xunta de Goberno Local adxudicou os traballos.
 
 
 
O Concello reforza o Parque dos Carrileiros de Foula que gaña 2.000 mts.2 de terreo e 107 de vías
21 de MAYO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense adxudicou na sesión deste xoves as obras incluidas no proxecto de mellora e ampliación do Parque de Carrileiros, sito na rúa da Canle, actuación suporá un investimento de 461.588 euros que será financiada con cargo ó Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local 2010, segundo informa o propio Concello da cidade.
As obras foron adxudicadas á UTE Vipeca Obras e Servicios S.L.-Construcciones Paco Limia e Hijos, S.L., que presentou a oferta que recibiu unha mellor valoración por parte da mesa de contratación, entre outras 22 que tamén se presentaron a concurso.
A empresa adxudicataria dos traballo inroducíu na súa proposta melloras adicionais valoradas en 121.426 euros, y establece que a execución das obras xerará emprego para 8 traballadores durante o tempo que duren.

O proxecto prevé unha actuación integral de mellora, posta en valor e ampliación do parque Carrileiros. A zona de intervención é de 3.600 mts.2, dos que 1.400 corresponden ó parque existente, 200 mts.2 á conexión do parque coa beirarrúa da rúa Canle, e 2.000 mts. se destinarán á ampliación do parque. O proxecto pretende acometer unha  mellora dos equipamentos, da Asociación Cultural Foula Carrileiros, do seu Museo do Tren e circuito, para os que suprimen as barreiras arquitectónicas para o acceso a este espacio de lecer.
Sinala o Concello que o obxectivo do proxecto é, básicamente, a mellora dos equipamentos e da accesibilidade do parque, que inclúa a ordenación dos accesos rodado e peonil e a súa conexión co inmediato Parque da Canle, a supresión das barreiras arquitectónicas actualmente existentes, a creación de zonas de estancia, mellora da calidade e interesa da vexetación ao longo de todo o ano e, incluso, a mellora do mantemento posterior.

Así mesmo, o desenvolvemento do proxecto prevé ampliar en 107 metros o actual circuito ferroviario utilizando o terreo que actualmente ocupa unha cancha deportiva. Para esto respetarse o deseño proposto por Carrileiro de Foula, que inclúe un novo túnel, unha ponte, un corpo de auga e unha nova estación.
O Concello quere que o novo parque sexa, ademáis, “un novo eixo vertebrador da zona este da cidade, unido ó adxacente Parque da Canle, construido polo Concello o ano pasado, e o Botánico de Montealegre, que o Concello está a construir na actualidade”.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página