A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense non decepciona senón o contrario, segue a sorprender e, cando o fai, o fai en positivo. Foi o que ocurriu na súa irrupción na Exposición Universal de Shanghai 2010, cando os integrantes da Real Banda sorprenderon interpretando dous temas chinos adaptados aos instrumentos e á música galega, Alegría chinesa e A flor do xasmín. A Xunta de Galicia fala de que a Real Banda “asombrou” ao público chinés, e o seu director, Xose Lois Foxo, sigue empeñado en demostrar que todo esto “é boa mostra de que a música rompe fronteiras e nos une a todos”. Na xornada na que os de Foxo se estrenaron en Shangai, pasaron pola Expo-Universal 400.000 persoas.
 
Noticias Relacionadas
  A Real Banda de Gaitas da Deputación viaxa a China para dar un concerto na Gran Muralla
 
 
 
A Real Banda de Gaitas de Ourense sorprende e emociona en China na Expo-Universal de Shangai
18 de MAYO de 2010: OURENSE DIXITAL

“Gran expectación na primeira xornada da Semana de Galicia na Exposición Universal de Shanghai 2010”, sinala a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, destacando a intervención na xornada inaugural da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. Ata o 23 deste mes esta previsto presentar ante miles de visitantes de todo o mundo a oferta cultural, turística e gastronómica da Comunidade galega. Na tarde da xornada inaugural e coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, o Pavillón de España acolleu as primeiras actividades incluídas no programa cultural coa actuación da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense que acode a Shanghai cunha formación de 50 músicos, destaca a Consellería de Cultura.

As dúas sesións estiveron precedidas dun desfile da formación, que “asombrou ao público chinés pola calidade da súa interpretación e a espectacularidade da posta en escena dos músicos”. Vestidos con traxes tradicionais do século XVIII, a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense interpretou pezas tan significativas como a Muiñeira de Chantada ou as Cantigas de Ourense. A sorpresa da xornada chegou coa interpretación por parte da Banda de dous temas chinos adaptados aos instrumentos e á música galega, Alegría chinesa e A flor do xasmín. As cantareiras tamén interpretaron o tema tradicional chino Mo Li Hua, que cantaron en chino e galego.

A Xunta de Galicia detaca que a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense “constitúe a máxima expresión artística dos quince mil alumnos da Escola Provincial de Gaitas. O seu recoñecemento é universal, tras levar a súa música por todo o planeta e ter recibido numerosas distincións”. A Real Banda realizará tres actuacións máis o longo desta semana na Expo, para despois comezar unha xira por China con concertos en Shian, Pekín e un concerto especial na Gran Muralla.

Segundo informa ao respecto a Deputación de Ourense, Xosé Lois Foxo, director da Real Banda, dixo que o calor amosado polo público chinés, en especial, e internacional, en xeral, “é boa mostra de que a música rompe fronteiras e nos une a todos. Nós quixemos con esta mestura entre as culturas galega e chinesa unir a dous pobos tan distantes pero á vez tan achegados por algo tan marabilloso como é a música”.
O concerto, cunha coidada posta en escea, incluía un desfile polos contornos do pavillón español e o pavillón de Europa ante un pasillo de persoas de todas as nacionalidades, que en número superior ás 400.000 acudiron a xornada de estreno da Real Banda de Gaitas de Ourense na monumental Exposición Universal de Shanghai.

Volver atras
Imprimir Página