Máis de 400 profesionais da Enfermería de toda Galicia, os máis da provincia de Ourense, danse cita dende este martes nas “V Xornadas de Enfermaría de Ourense” que se desenvolverán no Campus Universitario de Ourense. As xornadas servirán, un ano máis, como marco do Premio de Enfermería que chega con esta a súa XII edición. Teñen por obxectivo estimular a labor clínica e investigadora da Enfermería, especialmente recoñecedo os esforzos científicos neste eido.
 
 
Máis de 400 profesionais nas “V Xornadas de Enfermería de Ourense” que se celebran no Campus
18 de MAYO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O Campus Universitario de Ourense será dende este martes pola tarde a sede de investigación da enfermaría, que se reúne, por décimo segundo ano consecutivo, nas “V Xornadas de Enfermaría de Ourense” organizadas polas direccións de enfermaría do Complexo Hospitalario de Ourense, da Xerencia de Atención Primaria, do Hospital de Verín e a do Hospital de O Barco de Valdeorras.
Un ano máis as xornadas reunirán a máis de catrocentos enfermeiros e enfermeiras da provincia, e tamén do resto da Comunidade, que baixo o lema “Bioética, máis alá da asistencia”, abordará, ademais das distintas comunicacións que esta ano se presentan a premio, temas de tanta actualidade como a realidade profesional do colectivo, a implantación do IANUS (historia clínica electrónica) ou os problemas éticos ao principio e o final da vida.

A inauguración das xornadas terá ás 16:15 horas no Salón de Actos do Edificio Politécnico do Campus Universitario de Ourense.
Acto no que estarán presentes o Alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, o Xefe de Servizo de Integración Asistencial do SERGAS, Luís Arantón Areosa, a Xerente Xeral do CHOU, Eloína Núñez, o Vicerrector do campus de Ourense, Juan Francisco Galvez, o Xerente de Atención Primaria, Carlos Pereira, a Directora de Enfermaría do CHOU, Mª Victoria Carral, e a Directora de Enfermaría de Atención Primaria, Montserrat Souto.

 
Eloína Núñez Masid, xerente do CHOU
 
 
Volver atras
Imprimir Página