Os programas de atención a domicilio que presta o Concello de Ourense ás persoas maiores e dependentes suman xa 1.230 usuarios, sergundo as contas da Concellería de Benestar Social que dirixe Marga Martín. A oferta de prestacións que facilita esta Concellería inclúe a axuda no fogar, os servicios de comida, medicinas e lavandería a domicilio e o servicio de teleasistencia. “Cinco programas que o Concello ven incrementando dende 2007 tanto no relativo á dotación orzamentaria como en número de usuarios, coa finalidade de prestar atención a tódalas persoas que o precisan”, sinala dito departamento. En tódolos programas se incrementan servizos e orzamentos, si ben o principal incremento se produce no de Axuda no Fogar que leva aumentado dende 2007 un 120%.
 
 
O Concello cifra en 1.200 os ourensáns que xa se benefician dos programas de atención a domicilio
18 de MAYO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

No curso da xuntanxa do Consello Municipal de Persoas Maiores, a titular da Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense anunciou que os programas dirixos aos maiores e dependentes ourensáns agranguen xa a 1.230 usuarios.
A concelleira aproveitou este xuntanza, ademais, para falarlle a estes colectivos da oferta de programas que o Concello pón á disposición das persoas maiores e dependentes, coa finalidade de que coñezan de primeira man a oferta de servicios e contribúan a un maior coñecemento dos mesmos.
Martín recordou que están en marcha o Servizo de Axuda no Fogar, un programa que conta con 141 auxiliares agora mesmo, o que representa un 135% máis de persoal que en 2007.

 

Neste programa enrólanse máis de 800 persoas, o que fai un incremento de máis do 120% con respecto á chegada do bipartito ao Concello. Así mesmo, o Concello aumentou casi un 106% de orzamento deste programa tamén con referencia a 2007.
El Comedor sobre rodas asiste agora mesmo a 194 usuarios, e ten un orzamento de 300.000 euros para este 2010, o que representa doblar a cantidade da que se dispoñía en 2008.
Farmacia a domicilio, Lavandería a domicilio e Teleasistencia a domicilio son outros tres servizos implementados pola Concellería de Benestar Social para axudar aos maiores da cidade. O primeiro, Farmacia a domicilio, ten na actualidade 40 usuarios. A Lavandería a domicilio recordou Marga Martín que recolle 2 veces ao mes a roupa persoal e de fogar no domicilio dos usuarios, que logo se devolve lavada e planchada.
O programa de Teleasistencia domiciliaria e un servizo para dar resposta inmediata a situacións de necesidade as 24 horas de tódolos días do ano, servizo que se dirixe a persoas que por motivos de saúde, idade e, incluso, de soedade, precisan de atención continuada no fogar. Agora mesmo hai 196 usuarios en Ourense deste servizo.

Marga Martín recordou que o Concello de Ourense oferta tamén o servicio de centro de día de atención integral, servicio residencial para persoas que presenten diagnóstico de demencia senil ou alzheimer, do que se beneficiaron 48 persoas en 2009.
O programa de servicios complétase coas axudas técnicas de atención á dependencia, cos programas de cursos e obradoiros para persoas maiores, visitas culturais de asociacións veciñais que teñan un centro de terceira idade, xunto cos programas de actividades lúdicas e saudables nos Centros Cívicos, a Semana adicada ós maiores, o Día Mundial da Saúde, os programa de valoración e asesoramento nutricional, Aprende a moverte, aprende a alimentarte, e as rutas biosaudables, entre outros programas.

 
Volver atras
Imprimir Página