Uxío Novoneyra

 
  Este martes, día 18, ás 11.30 horas, no salón de actos do Centro de Desenvolvemento Caixanova, terá lugar a presentación do libro “XII Certame de Contos e Narración curta”, que recolle os contos realizados por escolares ourensáns que resultaron premiados neste certame convocado polo Concello na súa duodécima edición, celebrada o ano pasado. É un dos actos organizados pola Concellería de Educación do Concello de Ourense para celebrar as Letras Galegas, actos que se extenderán ao longo de toda esta semana a partires deste martes.
 
 
Educación do Concello celebra a Semana das Letras Galegas a partires deste martes
16 de MAYO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

Durante toda esta semana, a partires deste martes, a Concellería de Educción do Concello de Ourense únese á celebración do Día das Letras Galegas adicado a Uxío Novoneyra con diferentes actividades organizadas dende o departamento de Ana Garrido.
Así, o martes, 18, ás 11.30 horas, no salón de actos do Centro de Desenvolvemento Caixanova, terá lugar a presentación do libro “XII Certame de Contos e Narración curta”, que recolle os contos realizados por escolares ourensáns que resultaron premiados neste certame convocado polo Concello na súa duodécima edición, celebrada o ano pasado. O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, e a concelleira de Educación, Ana Garrido, farán entrega de exemplares deste libro aos escolares gañadores, cuxos contos se recollen nesta publicación. A continuación, se entregarán os premios aos gañadores do III Certame de Ilustración e da XIII edición (celebrada este ano) do Certame de Contos (que verán publicados os seus traballos nun libro que se editará o próximo ano).

Esta é unha actividade que ten como obxectivos fomentar o uso da lingua galega potenciando a imaxinación e o interese pola escritura así como a capacidade creativa dos escolares ourensáns. Esta actividade vai dirixida a alumnos de 3º ciclo de Educación Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos, sinálase dende a Concellería de Educación.
As actividades continuarán o mércores, 19, ás 18.00 horas, nas Bibliotecas Municipais. Tres dos gañadores do Certame de Contos do ano pasado farán unha lectura en voz alta do seu conto, responderán ás preguntas dos asistentes e farán entrega de exemplares do libro XII Certame de Contos e Narración Curta a cada neno asistente á actividade.

O xoves, 20 de maio, ás 13.20 horas, no salón de actos do IES E. Blanco Amor terá lugar unha charla lúdico-pedagóxica sobre a vida e obra de Uxío Novoneyra a cargo de Brais Fernández e entrega do libro“Antoloxía Poética de Uxío Novoneyra” para as bibliotecas das aulas dos alumnos que participen.
Tamén durante esta semana, e a previa, a Concellería de Educación dotará ás bibliotecas dos centros de ensino da cidade con exemplares do “XII Certame de Contos e Narración Curta” e dos libros: “Antoloxía Poética de Uxío Novoneyra” e “Do Courel a Compostela” da Editorial Galaxia.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página