Na súa reunión semanal deste xoves, a Xunta de Goberno Local deulles licencia a dúas infraestructuras hosteleiras do Ourense Termal. Trátase dun hotel restaurante de iniciativa privada en Santa María de Reza, e da adxudicación da explotación do futuro restaurante das Pozas de Maimón, na marxe esquerda do Miño. O primeiro proxecto suporá un investimento de 570.000 euros para un “hotel con encanto”, que é como se proxecta, mentras que o das Pozas do Maimón supón un investimento con cargo a Fondos Estatais de 200.000 euros. O Concello de Ourense determina que a concensión de explotación dete negocio será por un período máximo de 10 anos e requírse un investimento mínimo de 70.000  euros.
 
 
O Concello da licencia a un “hotel con encanto” en Santa María de Reza que reforzará o Ourense Termal
 
14 de MAYO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

A Xunta de Goberno local do Concello de Ourense acordou na súa xuntanza deste xoves conceder á empresa As Veigas de Outariz licencia de obra para a posta en marcha dun hotel, restaurante e café bar en Santa María Reza. Na mesma sesión, a Xunta de Goberno procedeu á aprobación do prego de condicións técnicas  que definen a adxudicación de explotación do futuro restaurante das Pozas de Maimón, na marxe esquerda do Miño, en Reza. Estas dúas novas instalacións virán reforzar a oferta de servicios a turistas e usuarios en xeral das áreas termais do río Miño.

O proxecto do hotel restaurante suporá un investimento de algo máis de 570.000 euros, e prevé a reforma e ampliación de dous edificios situados en Santa María de Reza para a posta en marcha dun establecemento hosteleiro de tres estrelas e un café bar-restaurante.  Ambos edificios desenvolveranse sobre dúas construccións independentes existentes na rúa Pena do Vado: unha vivenda de planta baixa e alta, que se reformará e ampliará para acoller o hotel de tres estrelas, e outra vivenda de planta baixa e planta alta que se reformará e ampliará para acoller o café bar restaurante.
O proxecto prevé a posta en funcionamento dun “hotel con encanto”, que ofertará un total de 12 habitacións: 9 dobres e 3 individuais.

A reforma do outro edificio o converterá nunha cafetería restaurante, en planta baixa e alta. Na alta ubicarase a zona de comedor e na baixa o resto de dependencias. Contará cunha área de aparcamento para 20 vehículos, e unha zona axardinada para clientes, na que se prevé instalar terraza axardinada con mesas. Este segundo edificio disporá dunha superficie útil de 255,70 m2

Restaurante das Pozas do Maimón

Na mesma sesión, a Xunta de Goberno Local procedeu a aprobación do prego de condicións técnicas  que definen a adxudicación de explotación do futuro restaurante das Pozas de Maimón, na marxe esquerda do Miño, en Reza. Apróbase o documento cando xa se están a dar os últimos retoques dunha actuación que previsiblemente será recepcionada a finais deste mes, dentro do prazo de prórroga solicitado desde o Concello. As novas instalacións son o resultado dun investimento de casi 200.000 euros financiado con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local 2010. Sinala o Concello de Ourense que “coa súa dotación aspírase a completar a oferta de servizos do entorno termal das marxes do Miño, un dos principais reclamos turísticos da cidade”.

O futuro restaurante ocupará un  edificio dunha única pranta baixa e dous accesos.
Segundo as previsións, estímase que a recepción da obra terá lugar na última semana de maio, realizando os trámites precisos para a sua adxudicación ao longo do mes de xuño con apertura prevista a finais de xullo. A concensión é por un período máximo de 10 anos e require un investimento mínimo de 70.000  euros.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página